martes, 19 de junio de 2018

Despedida

Bo día,
Parece mentira, pero xa comezamos a última semana do curso... Non queremos marchar sen despedirnos, darvos as grazas por estes meses de momentos compartidos e desexarvos un marabilloso verán cheo de fantásticas historias.
Vémonos en setembro!!!!!!!!!!

O equipo da biblioteca X. L. Méndez Ferrín


miércoles, 6 de junio de 2018

Lectura para o verán

 
Aínda que non o pareza... o verán está a piques de chegar!!!
Xa escollestes as túas lecturas para estas vacacións?
No andel de novidades poderás atopar algunhas ideas recomendadas polo grupo de alumnado colaborador e o equipo de biblioteca.
Esperamos que gocedes moito do voso tempo de lecer e non olvidedes que un bo libro sempre é un excelente compañeiro.

jueves, 26 de abril de 2018

Gañadores do concurso de microrrelato "Segue ti..."

Por outra banda, tamén durante o acto de celebración, fixemos entrega dos premios aos agraciados do concurso anual de microrrelato "Segue ti...", que mantiveron o nivel das súas creacións ata o final. A calidade dos traballos e as dificultades para escoller ao gañador motivaron que o xurado decidise conceder catro galardóns...
Gabriela Rodríguez, Manel A. Santana, Miguel Pérez Cabirta e Nicolás Reza, grazas polos vosos marabillosos traballos, non deixedes de escribir, de deixar voar a vosa imaxinación e de compartila connosco!!!!!!!


Día do Libro


Un ano máis, co gallo do Día do Libro, celebrouse o concurso de dictados no que participaron os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO.
Parabéns a Lucas Estévez e Mateo Fernández, que deixaron ao xurado abraiado polo seu dominio da lingua!!!!!

Lectura pública de El Quijote

Grazas a todos e todas por compartir connosco este día!!!

Dende o equipo da biblioteca queremos salientar o labor do alumnado colaborador que participou na celebración desta data tan importante para os amantes da literatura.
Breixo, Anxo, Lucas, Salomé, Alba e Luis foron os responsables da lectura pública dos fragmentos de El Quijote durante os dous recreos ao tempo que Daniela, Alba e Iria repartían caraveis e rosas a tódolos asistentes.

jueves, 19 de abril de 2018

Día do libro

Pasiño a paso achegámonos á celebración do día do libro e o instituto vístese de gala para tal acontecemento.

Estes días poderedes ver na biblioteca e polos corredores o fantástico traballo realizado polo alumnado de 1º e 2º de ESO.

O luns agárdanos un día de festa co libro como protagonista.

Invitámosvos a visitar a biblioteca durante os recreos e a escoitar as lecturas dos primeiros capítulos de El Quijote por parte dos colaboradores e colaboradoras de segundo de ESO. Ademais, o alumnado de Literatura Universal nos sorprenderá cando menos o imaxinemos e algúns personaxes literarios nos visitarán para agasallarnos cun pequeno detalle. Como broche de ouro, a 5ª hora tódolos grupos de 1º e 2º de ESO disfrutarán dun acto no que, entre outras cousas, se entregarán os diplomas aos gañadores dos concursos de dictados e de microrrelatos.