Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

Preparando o Samaín...

Os nosos alumnos pasárono en grande preparando o Samaín que celebraremos a vindeira semana. Pero tede en conta que aínda vos agardan sorpresas na biblioteca...

Outros blogs e páxinas web interesantes son...

Descubre outras covas máxicas en: muchoslibrosjuveniles.blogspot.com piezasdeaocho.blogspot.com biblosvivos.blogspot.com  http://revistatregolasantairene.blogspot.com.es/ bibliopazo.blogspot.com biblioxograr.wordpress.com bibliofonsa.blogspot.com etikeles.blogaliza.com  aquintadoslibros.blogspot.com

Bases do I Concurso Literario Gustavo Adolfo Bécquer

Bases do Concurso

Concurso hispanoamericano de ortografía

Imagen
Estes son os nosos aguerridos concursantes, que loitaron por seren os representantes do instituto no Concurso Hispanoamericano de Ortografía. Dos 82 aspirantes que se presentaron ao concurso, foi Alberto López Veiga, de 2º Bacharelato C, quen representará ao IES Santa Irene en Santiago de Compostela, e competirá con rapaces doutros institutos da nosa Comunidade para ser o candidato galego no concurso a nivel nacional que se celebrará en Madrid. Boa sorte, Alberto!! Non houbo sorte, e foi unha alumna dun instituto compostelán a que irá a Madrid representando a Galicia. Con todo, estamos moi orgullosos da participación de Alberto neste concurso, quen, aínda que non gañou, marchou satisfeito por poder participar neste evento e, para el, foi unha experiencia moi positiva.

Celebremos o Samaín!!

Imagen
O Samaín é unha festividade celta que se celebra na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Na súa orixe o Samaín festexaba o final da tempada de colleitas e o "Ano Novo Celta" (que comezaba coa estación escura). É, polo tanto, unha festa de transición (paso dun ano a outro) e tamén de apertura ao outro mundo. En Galicia (e en zonas de León e Zamora próximas á nosa Comunidade) o Samaín era unha festa moi extendida, e aínda hoxe se segue a celebrar en moitos dos seus territorios. As cabazas, que serven para homenaxear á morte, tállanse, sécanse e consérvanse para usalas como máscaras no Entroido en Quiroga (Lugo), e en Rivadabia, ao chegar "A noite meiga" do 31 de outubro, as súas rúas quedan ateigadas de meigas, trasnos, bruxos, pantasmas... e todo tipo de seres sobrenaturais e terroríficos. Recuperemos nós tamén unha tradición tan aterradora e divertida e celebremos o Samaín!! Agardámosvos na Biblioteca

Os mellores libros para os alumnos do Santa Irene son...

Xa está aquí...

Agora temos acceso ao catálogo de fondos da nosa Biblioteca a través da portal de Proxecto Meiga. Pincha aquí

Recomendacións para alumnos de Bacharelato e profesores

Imagen
Dentro da novela histórica, hai libros moi interesantes. Suxerimos aos rapaces de Bacharelato e os profesores do centro como lecturas a saga de Ken Follet "The Century", e Enderezo Descoñecido, un libriño moi breve que, en forma epistolar, narra as consecuencias do nazismo na amizade entre un alemán e un xudeu. Asimesmo, La ladrona de libros é un libro marabilloso no que, baixo a perspectiva narradora e omnipresente da morte (protagonista indiscutible da II Guerrra Mundial), centra a súa visión na pequena Liesel e en como ela, a súa familia e os seus veciños e amigos viviron os horrores da guerra e dos nazis nun barrio alemán.

Suxerencias para 2º Ciclo de ESO

Imagen
Algúns dos títulos máis aplaudidos entre os rapaces de 3º e 4º de ESO de anos anteriores son: Marina, un relato que mezcla o terror, o amor, o fantástico... cunha boa dose de dramatismo. De feito, houbo un rapaz hai anos que lle dixo ao seu profesor que este libro o fixo chorar, e con todo, encantoulle. Enderezo descoñecido é un relato epistolar que trata o esnaquizamento da amizade entre un xudeu e un alemán durante o nazismo. La perla é un pequeno relato no que o autor profundiza nas desigualdades dunha sociedade dividida entre ricos e pobres, describindo unhas condicións de vida (morais e socioeconómicas) absolutamente miserables. Por último, unha novidade recente é El festín de la muerte, novela histórica sobre a II Guerra Mundial. Moi interesante e aconsellable.

Suxerencias para 1º Ciclo de ESO

Imagen
A aqueles alumnos que queren ler un libro pero non saben cal escoller, nesta lista atoparás títulos de relatos que triunfan entre os rapaces da vosa idade: