Concurso hispanoamericano de ortografía
Estes son os nosos aguerridos concursantes, que loitaron por seren os representantes do instituto no Concurso Hispanoamericano de Ortografía.
Dos 82 aspirantes que se presentaron ao concurso, foi Alberto López Veiga, de 2º Bacharelato C, quen representará ao IES Santa Irene en Santiago de Compostela, e competirá con rapaces doutros institutos da nosa Comunidade para ser o candidato galego no concurso a nivel nacional que se celebrará en Madrid.
Boa sorte, Alberto!!
Non houbo sorte, e foi unha alumna dun instituto compostelán a que irá a Madrid representando a Galicia. Con todo, estamos moi orgullosos da participación de Alberto neste concurso, quen, aínda que non gañou, marchou satisfeito por poder participar neste evento e, para el, foi unha experiencia moi positiva.