Os nosos alumnos pasárono en grande preparando o Samaín que celebraremos a vindeira semana. Pero tede en conta que aínda vos agardan sorpresas na biblioteca...
Na nosa Biblioteca xa podedes coller en préstamo os libros da exitosa escritora de literatura xuvenil Laura Gallego García. Pinchando nas portadas dos libros que hai a continuación poderedes ler o argumento de cada unha delas.
Para aqueles que non puidestes vir á nosa celebración do Día Internacional do Libro, publicamos na Cova a homenaxe que lle fixemos a Miguel de Cervantes. Poderedes ver o corto que proxectamos e ler "La Prisión", e a adaptación do capítulo "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote". Este último tamén da título á obra na que Santiago Posteguillo fai un percorrido literario por diferentes autores e obras da literatura universal. Santiago Posteguillo Leer más publicaciones en Calaméo E estade atentos, porque ao longo das vindeiras semanas iremos publicando na Cova todos os materiais gráficos das distintas actuacións que se fixeron neste festival.