Suxerencias para 2º Ciclo de ESO
Algúns dos títulos máis aplaudidos entre os rapaces de 3º e 4º de ESO de anos anteriores son: Marina, un relato que mezcla o terror, o amor, o fantástico... cunha boa dose de dramatismo. De feito, houbo un rapaz hai anos que lle dixo ao seu profesor que este libro o fixo chorar, e con todo, encantoulle. Enderezo descoñecido é un relato epistolar que trata o esnaquizamento da amizade entre un xudeu e un alemán durante o nazismo. La perla é un pequeno relato no que o autor profundiza nas desigualdades dunha sociedade dividida entre ricos e pobres, describindo unhas condicións de vida (morais e socioeconómicas) absolutamente miserables.
Por último, unha novidade recente é El festín de la muerte, novela histórica sobre a II Guerra Mundial. Moi interesante e aconsellable.
Por último, unha novidade recente é El festín de la muerte, novela histórica sobre a II Guerra Mundial. Moi interesante e aconsellable.