Exposicións de carteis da I Guerra Mundial
Nesta presentación podedes atopar algúns dos carteis da Primeira Guerra Mundial que se expuxeron estas dúas semanas no instituto. Os carteis son ingleses, franceses, americanos, rusos... e conseguimos algún italiano, canadiense e rumano. Esta propaganda en diferentes linguas e países pretende, en realidade, o mesmo: que os homes se alisten voluntariamente no exército; que as mulleres colaboren e vaian traballar ás fábricas (entre outras, de armamento) para substituir aos seus maridos no seu posto de traballo; que a xente compre bonos de guerra e colabore coa Cruz Vermella; así como curiosas campañas publicitarias de recollida das cousas máis variopintas: dende leite, música, libros, froita, pan, cervexa, tabaco... para os soldados que están no frente.