Exposicións de carteis da I Guerra Mundial
Nesta presentación podedes atopar algúns dos carteis da Primeira Guerra Mundial
que se expuxeron estas dúas semanas no instituto. Os carteis son
ingleses, franceses, americanos, rusos... e conseguimos algún italiano,
canadiense e rumano. Esta propaganda en diferentes linguas e países
pretende, en realidade, o mesmo: que os homes se alisten voluntariamente
no exército; que as mulleres colaboren e vaian traballar ás fábricas
(entre outras, de armamento) para substituir aos seus maridos no seu
posto de traballo; que a xente compre bonos de guerra e colabore coa
Cruz Vermella; así como curiosas campañas publicitarias de recollida das
cousas máis variopintas: dende leite, música, libros, froita, pan,
cervexa, tabaco... para os soldados que están no frente.