E falando de Covas Máxicas...
Os alumnos do IES Santa Irene de 2º e 3º de ESO foron visitar Celanova: viron a Casa dos Poetas e a Ermida de San Rosendo, pero quedaron particularmente abraiados coa Biblioteca da que disfrutan no instituto desta vila. Unha "cova máxica" realmente espectacular, tal e como testemuñan as imaxes.