Outras actuacións estelares do Día do Libro

O blues é un xénero musical que se caracteriza polas tonadas tristes, coas que os escravos lamentaban a súa situación inxusta. Foi cara 1915, durante a Gran Guerra, cando este xénero se populariza, incluso entre a poboación branca, que escoita música dos negros aos que denostaban. Como xa sabedes, neste festival de música e literatura sobre a Primeira Guerra Mundial que fixemos para conmemorar o Día Internacional do Libro, contamos coa participación dun grupo musical de blues no que toca un dos nosos alumnos dos estudos adultos. Por fin conseguimos videos das actuacións dos Beethoven Rollers. Para aqueles que non os puidestes ver, non vos perdades as súas interpretacións de cancións clásicas de Ray Charles e Jerry Lee Lewis, e a súa canción orixinal.
 

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes