Ata sempre!!

Os alumnos de 2º de Bacharelato despídense do centro. Dentro duns días examinaranse de selectividade e comezarán unha nova etapa da súa vida e da súa aprendizaxe. Deixaron unha pegada imborrable, e todo o instituto, profesores e alumnos, desexámoslles moitísima sorte, no académico, no profesional e no personal.

Esperamos que sigades as andanzas da biblioteca e do instituto a través do blog, e que veñades de cando en vez a visitarnos e contarnos as vosas propias vivenzas.

Aquí vos deixamos unha lembranza desta xeración de rapaces, 2008 - 2014, dos seus últimos días no instituto e da cena de despedida cos profesores.


Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes