Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

Imagen
O 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Por iso vos invitamos a unha conferencia que terá lugar na biblioteca Xosé Luis Méndez Ferrín este venres ás 18,30: Francisco Xosé Redondo Abal fará un percorrido pola II República e o franquismo, reflexionando sobre o papel desempeñado polas bibliotecas e bibliotecarios durante estes anos. Animádevos a vir porque a conferencia promete ser moi interesante.

Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Imagen
Os alumnos de 2º Bacharelato do instituto loitaron entre eles no recreo do día 8 de outubro para ser escollidos como representantes do concurso hispanoamericano de ortografía. De todos eles saliu un so gañador: Román Pérez Santalla de 2º Bacharelato A. O equipo de Biblioteca e o Seminario de Lingua Castelá estamos moi orgullosos deste alumno por ser o mellor coñecedor da ortografía castelá do seu nivel no instituto, e desexámoslle moita sorte na semifinal.

Colaboradores de Biblioteca

Imagen
WANTED Buscamos alumnos que queiran colaborar cos traballos da Biblioteca. Estes traballos poden ser dende participar como xurado nos concursos que se organicen, axudar na decoración da Biblioteca en datas sinaladas... O equipo da Biblioteca agradecerá moito esta colaboración e, ao final de curso, recompensará cun pequeno agasallo aos alumnos que axudaron ao longo do curso.

Saídas

Bases do I Concurso de Logos da Biblioteca do Santa Irene

Aquí tedes as BASES do I Concurso de Logos da Biblioteca inspirados na figura de Xosé Luis Méndez Ferrín. Lembrade que na Biblioteca tedes a mesa de inspiración cos ingredientes necesarios para crear o voso logo.