Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

Que está a pasar na Cova?

Imagen
Se queredes saber o que se está a argaiar na Cova... mirade este video. Prepáradevos para unha aventura polo fondo do mar.

30 de Xaneiro: Día Internacional da Paz

Imagen
Este venres conmemoramos o Día Internacional da Paz. Nesta ocasión eleximos lembrar e dalgún xeito homenaxear aos mortos dos atentados de París. Porque non hai nada, non hai ninguén, non hai Deus nin pensamento que faga merecer a morte dunha persoa. Mirade este sinxelo e sentido video que dende a Biblioteca fixemos para condenar ao terrorismo e aos terroristas. Porque nós tamén somos ou podemos ser Charlie.

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Imagen
Aínda que tarde, aquí podedes ver as imaxes da exposición realizada en decembro polos alumnos do Santa Irene sobre o Muro de Berlín o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Esperamos que vos gustara a exposición e que vos guste tamén esta presentación.

Outra suxerencia

Imagen
Hoxe unha alumna comentou que desexaría solicitar o préstamo do segundo, terceiro e cuarto libros de El corredor del laberinto , pero que estes libros non estaban aínda na biblioteca. A súa petición será atendida no menor tempo posible. Lembrade que debedes facer as suxerencias no Buzón que hai na Biblioteca do centro ou a través do correo electrónico biblioteca.santairene@gmail.com para que sexamos máis rápidos á hora de cumprir cos vosos desexos.

Dicionario de sinónimos e antónimos

Imagen
Ás veces é difícil atopar as palabras axeitadas para expresar o que queremos dicir sen repetirmos. Por iso é recomendable consultar un dicionario de sinónimos e antónimos. Aquí tedes dous enlaces a manuais virtuais deste tipo, en galego ( dicionario da Real Academia Galega ) e en castelán ( wordreference.com ), que vos axudarán moito. Xa o veredes. Ademais, Word Reference ofrece tamén un tradutor do castelán ao inglés, francés e outros idiomas (e viceversa). É moi útil.  Podedes acceder a eles dende os enlaces anteriores ou ben pinchando nestas imaxes. Dicionario de sinónimos e antónimos Diccionario de sinónimos y antónimos  

Actuación de Crispín d'Olot

Imagen
O xograr Crispín d'Olot voltou ao noso instituto para divertir aos alumnos de 1º Bacharelato do Santo Tomé de Freixeiro e do Santa Irene con composicións da literatura castelá. O xograr, acompañado ás veces dunha zanfoña, ás veces dun pandeiro, ou dunha frauta, ou dunha cítara, realizou todo un percorrido literario que abranguiu á xograría (O Cid e o Romanceiro), á clerecía (Berceo e o Arcipreste de Hita), a Jorge Manrique, a Garcilaso, a Góngora e a Quevedo. E non defraudou. A súa actuación, coma sempre, foi espectacular.

Cinco Goblins

Imagen
Laura Gallego García Velaquí tedes un conto dunha das escritoras máis exitosas da literatura xuvenil en lingua castelá: Laura Gallego García. O relato titúlase Cinco Goblins e narra a simpática e infructuosa aventura destes cinco personaxes. Anímate a lela. CINCO GOBLINS Cinco goblins aguardaban al borde del camino. Tenían las armas listas, se habían ocultado entre los cardos y los matojos porque sabían de buena tinta que por allí tenía que pasar una comitiva con carro de oro incluido. Y, por supuesto, esperaban para asaltarla. - ¿Cuándo llega? – preguntó uno al jefecillo. - ¡Y yo qué sé! Pregúntaselo a alguien. El goblin estaba harto de esperar, así que decidió seguir el consejo del jefe. Oyó ruido de cascos acercándose, y saltó al centro del camino, dispuesto a preguntarle al caminante si tardaría mucho en llegar la comitiva con el tesoro. Era un jinete que llevaba una prisa endiablada, y su caballo corría como el viento. El goblin preguntón alzó una ma

O Suso

Imagen
Xosé Luis Méndez Ferrín. O Suso Na nosa Cova non podía faltar un conto dun dos escritores máis sobresaíntes da literatura galega e que, sen dúbida, foi o que deixou unha maior pegada no noso centro: Xosé Luis Méndez Ferrín. O conto seleccionado é O Suso . Podedes acceder a el clicando na imaxe de Ferrín.

O cabalo da cor vermella

Imagen
Xavier Alcalá. Xa ía tocando poñer un novo conto na Cova. A proposta desta vez é O cabalo da cor vermella de Xavier Alcalá, escritor ferrolán que colabora con diversos periódicos galegos. A súa obra caracterízase pola presenza notable do tema da emigración e porque X.Alcalá sabe desenrolar a intriga. Ademais de obras propias, debemos agradecerlle a tradución ao galego de títulos como Estudio en escarlata de Arthur Conan Doyle (o creador de Sherlock Holmes) e A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson.  Esperamos que vos guste o seu Cabalo de Cor Vermella , que poderedes ler se pinchades na imaxe do escritor.

Bases do II Concurso Literario Cyrano de Bergerac

Imagen
Bases do II Concurso Literario Cyrano de Bergerac Como xa vos anunciamos, lede con calma a convocatoria deste II Concurso Literario que celebramos por San Valentín, posto que este ano hai novidades: tedes que enviar unha mensaxe nunha botella, e despois depositala no cofre do tesouro da Biblioteca. Ademais hai máis premios e modalidades. Anímate e participa!!

O regreso de Crispín d'Olot

Imagen
Crispín d'Olot O vindeiro luns 26 de xaneiro regresa ao noso instituto o xograr Crispín d'Olot, aínda que desta vez actuará para os alumnos de 1º de Bacharelato tanto do IES Santa Irene como dos nosos veciños do San Tomé. Nas "Actividades de Biblioteca 2013-2014"podedes recordar as imaxes da súa actuación e incluso un pequeno video que recolle o intre en que Crispín sacou a dous dos nosos alumnos ao escenario. Esperamos que os rapaces de 1º Bacharelato disfruten tanto a actuación como o fixeron os alumnos que acudiron a súa representación o ano anterior.

Bases do I Concurso "Je suis Charlie"

Imagen
Dados os terribles acontementos sucedidos en París hai uns días e co gallo do Día Internacional da Paz (o 30 de xaneiro), este ano imos comezar cun novo concurso: "Je suis Charlie". Con carácter voluntario, os alumnos que queiran participar deberán elaborar unha viñeta (ou tira de viñetas) cunha mensaxe en contra do terrorismo. Le as BASES do concurso (pinchando sobre a palabra anterior: bases) e anímate a participar.

Literatura xuvenil e cine

Imagen
A literatura xuvenil está de moda. Tras o éxito rotundo das novelas e as súas adaptacións ao cine do xa clásico O señor dos aneis de J. R. R. Tolkien e a saga de Harry Potter de J. K. Rowling, fixéronse novas adaptacións de best sellers da literatura xuvenil, aínda que a súa posta en escena non fora sempre tan acertada ( Crepúsculo ). Dentro da literatura fantástica , os últimos estrenos corresponden a O Hobbit , tamén de Tolkien, a que hai que sumar dúas novidades: dúas sagas moi exitosas, Vampire Academy de Richelle Mead e Oscuros de Lauren Kate, que xa teñen cadansúa película, aínda que no caso da segunda se estrease soamente en Estados Unidos, así que en breve estará xa nos cines españois.   Academia de vampiros   aúna romance clandestino, unha sociedade despiadada e rituais nocturnos dos que ninguén pode falar. Todo isto ocurre na Academia St. Vladimir. Alonxada de todo, a Academia é un lugar onde os vampiros estudan as artes máxicas e os Dhampir (metade humáns) apren

Concurso de cartas de amor 2015

Imagen
Achégase o concurso de cartas de amor por mor do San Valentín. A vosa petición foi atendida, e este ano ademais de cartas tamén podedes presentar historias de amor. E estade atentos ao blog, porque esta non vai ser a única novidade deste curso...

Participa!

Imagen
A vosa opinión sobre o que se está a facer na Biblioteca do instituto é importantísima. Por iso, queremos que comentedes as entradas que hai no blog , seguindo as instrucións que atoparedes en "Novas na Cova", e que depositedes os vosos desexos no Buzón que hai na Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca.santairene@gmail.com.

Indice de contidos da Cova Máxica

Imagen
A petición dalgúns alumnos, incluimos este novo apartado co obxecto de explicar ao alumnado que poden atopar en cada unha das seccións que hai no blog e o que poden facer dentro do blog.  Este é un Buscador que vos axudará a atopar determinadas entradas xa publicadas no blog. Tamén busca información na Internet. Bloxpopuli é a toda a prensa local e nacional (inclusive á deportiva), para todos aqueles que queirades ler o periódico.   A continuación tedes o Buzón de suxerencias : a través do buzón que hai na biblioteca ou do correo electrónico da biblioteca (biblioteca.santairene@gmail.com) podedes suxerirmos todo aquelo que vós botades en falta: libros, actividades que desexedes facer, outros materiais (revistas, películas...). Acción na cova é un apartado no que poderedes ver diversas informacións relacionadas coas actividades que se están a facer este ano no centro. Divídese en tres subapartados: Concursos (ortografía, o concurso de relatos de te

Comentarios no blog

Imagen
Lembramos a todo o alumnado do instituto que os comentarios xa están activos no blog, e que podedes dar a vosa opinión sobre as diferentes entradas que se van publicando. As instrucións son simples:   - Tedes que clicar debaixo da entrada que queredes comentar "No hay comentarios" - A continuación, sairá unha lapela na que podedes introducir o voso comentario. Primeiro, tedes que escribir unha identificación (en "Comentar como") cunha conta de correo electrónico, e, a continuación, escribides a vosa opinión. Cando rematedes, pulsade "publicar".  - O blog avisarávos de que o voso comentario está pendente de moderación. Iso quere dicir que o comentario non se publica automáticamente, senon que previamente será revisado. Se queredes saber ademais cando se fará pública a vosa opinión, pinchade a opción "Avisarme" coa que recibirides un aviso no voso correo electrónico que vos dirá que o voso comentario xa é público.