Dicionario de sinónimos e antónimos
Ás veces é difícil atopar as palabras axeitadas para expresar o que queremos dicir sen repetirmos. Por iso é recomendable consultar un dicionario de sinónimos e antónimos. Aquí tedes dous enlaces a manuais virtuais deste tipo, en galego (dicionario da Real Academia Galega) e en castelán (wordreference.com), que vos axudarán moito. Xa o veredes. Ademais, Word Reference ofrece tamén un tradutor do castelán ao inglés, francés e outros idiomas (e viceversa). É moi útil. Podedes acceder a eles dende os enlaces anteriores ou ben pinchando nestas imaxes.
Comentarios
Publicar un comentario