Indice de contidos da Cova Máxica
A petición dalgúns alumnos, incluimos este novo apartado co obxecto de explicar ao alumnado que poden atopar en cada unha das seccións que hai no blog e o que poden facer dentro do blog.
Este é un Buscador que vos axudará a atopar determinadas entradas xa publicadas no blog. Tamén busca información na Internet.
Bloxpopuli é a toda a prensa local e nacional (inclusive á deportiva), para todos aqueles que queirades ler o periódico.
Bloxpopuli é a toda a prensa local e nacional (inclusive á deportiva), para todos aqueles que queirades ler o periódico.
A continuación tedes o Buzón de suxerencias: a través do buzón que hai na biblioteca ou do correo electrónico da biblioteca (biblioteca.santairene@gmail.com) podedes suxerirmos todo aquelo que vós botades en falta: libros, actividades que desexedes facer, outros materiais (revistas, películas...).
Acción na cova é un apartado
no que poderedes ver diversas informacións relacionadas coas
actividades que se están a facer este ano no centro. Divídese en tres
subapartados: Concursos (ortografía, o concurso de relatos de terror Gustavo Adolfo Bécquer... coas bases e gañadores de cada un deles); Eventos e efemérides (actividades relacionadas con acontecementos ou aniversarios de feitos importantes); e Saídas onde poderedes ver imaxes de excursións e saídas culturais.
Benvidos á Cova: explicación dos diferentes apartados que hai no blog
Que podo ler?: aquí atoparedes unha serie de lecturas recomendadas.
Top libros: rankings dos mellores libros para os alumnos do Santa Irene.
Enlaces de interese:
accesos a outras páxinas webs ou blogs relativos á lectura (páxinas
webs de escritores de literatura xuvenil, a páxinas de descarga legal e gratuita de
libros...).
Novas na cova: últimas
adquisicións, noticias de interese sobre o instituto ou sobre o mundo da
cultura, actividades que se están a desenrolar...
Funcionamento da Biblioteca:
normas da Biblioteca e horario do servizo de préstamos
Actividades da Biblioteca 2013 - 2014: é un acceso a toda a información e imaxes das actividades que se realizaron durante o anterior curso académico.
Canto conto: antoloxía de relatos curtos (contos, microrrelatos...)
Un recuncho para o verso: neste apartado poderedes ver tamén no blog o "Recuncho das Letras" que hai dende o ano pasado na Biblioteca, unha selección de poemas en galego, castelán, inglés, francés e latín.
Un recuncho para o verso: neste apartado poderedes ver tamén no blog o "Recuncho das Letras" que hai dende o ano pasado na Biblioteca, unha selección de poemas en galego, castelán, inglés, francés e latín.
Dicionarios: enlace ao Diccionario da Real Academia Española e ao Dicionario Xerais da Lingua.
O Catálogo é un acceso aos fondos da Biblioteca, é dicir, libros, cómics... que tamén vos dirá se a lectura pola que estades interesados está ou non dispoñible.
Se clicades no logo de Trégola, vos levará á revista dixital do Santa Irene.
Neste outro menú despregable atoparedes as entradas do blog máis vistas polos alumnos do instituto.
Este menú contén diferentes enlaces a páxinas web e blogs relacionados coa formación de usuarios e a busca e selección da información. Ademais, tedes a vosa disposición unha serie de actividades e exercicios on line para facilitarvos estas tareas.
Tamén hai dous enlaces a blogs de bibliotecas escolares de Galicia por se queredes botar un ollo ao que se fai noutros centros e suxerirnos despois propostas de lecturas, actividades...
Por último, o arquivo contén todas as entradas publicadas no blog. Están ordeadas mensualmente, e ao carón do mes tedes o número de entradas publicadas nel.
Comentarios
Publicar un comentario