XIX Certame Poético Francisco Añón

https://drive.google.com/file/d/0B-kX01qpvmbwRl9RSWU2S0ZrS3c/view?usp=sharing
Bases Completas
Este é un resumo das bases do concurso que organiza o Concello de Outes (A Coruña). Lédeas atentamente e animádevos a participar porque o premio merece a pena. 

BASES
  1. Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos.
  2. Prazo de presentación: ata o 7 de abril de 2015. Os traballos poderán ser enviados por correo certificado á Casa da Cultura da Serra, Avda. de San Campio S/N, 15230, Outes (A Coruña).
  3.  A resolución do xurado darase a coñecer o Día das Letras Galegas.
  4. Categorías e premios: nestas tres categorías hai un primeiro premio máis un accésit (que consiste na publicación da obra).
  • Categoría D (12 a 14 anos). 1º Premio: vale de 180 euros en libros e publicación da obra.
  • Categoría E (15 a 17 anos): 1º Premio: 450 euros e publicación da obra. A extensión mínima do escrito é de 150 versos.
  • Categoría F (a partir de 18 anos): 1º Premio: 1200 euros e publicación da obra. Os textos presentados deberán ter polo menos 200 versos.
Por último, se desexades ler as bases completas non tedes máis que facer un click na imaxe do logo deste certame.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes