Audiolibro: conferencia de Manuel E. Garci

O venres 7 de marzo de 2015 o alumnado de 2º ESO do Santa Irene acudiu á conferencia impartida por Manuel E. Garci, funcionario de carreira do Ministerio de Educación e Ciencia, destinado no Departamento de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, participou na elaboración dos documentais da serie "Galicia en clave natural" da TVG, "A expedición Ardora" de TVE en Galicia, "O medio mariño da Ría de Vigo" do Concello de Vigo e "O Mexilón" da Xunta de Galicia. Realizou tamén outros traballos de gravación e fotografía. O seu traballo veuse recoñecido recentemente cando "O mar da fin do mundo. O reino dos cefalópodos"(no que Manuel E. Garci participou como cámara e como documentalista) recibiu o primeiro premio no festival de San Sebastián.
Manuel E. Garci veu falar aos alumnos de 2º ESO de Cefaparques, un proxecto que ten como finalidade última elaborar un plan de continxencia para a protección e conservación das áreas de posta e alevinaxe dos cefalópodos que, en Galicia, se está a levar a cabo nas illas Cíes, Ons e Sálvora (máis información en www.cefaparques.blogspot.com e www.gciencia.com/mar/el-pulpo-es-canibal/). A continuación, podedes ver estes videos, mostra da labor deste equipo de investigación.



 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes