Delirium, Pandemonium, Requiem

Delirium,Pandemonium, Requiem son os tres títulos que compoñen unha nova saga de ciencia ficción da autora Lauren Oliver. Ofrece unha versión futurista do mundo na que está absolutamente prohibido amar. Os cidadáns sinten libremente ata que cumpren 18 anos, cando son sometidos a unha operación cerebral que extirpa a parte emocional do ser humano. Sen embargo, sempre hai problemas: sempre hai rapaces que se namoran antes dos 18 anos, sempre hai casos de adolescentes que non queren renunciar aos seus amigos, sempre hai casos nos que na operación non sae ben e os "curados" seguen a sentir amor, e odio, e medo... Este mundo busca a indiferencia, e por iso non só son obrigatorias as "curas", senon que hai unha férrea censura (música, literatura en xeral e poesía en particular), vixilancia intensiva aos cidadáns, e unha ausencia absoluta de liberdades. A súa protagonista, Lena, está convencida de que o amor é unha enfermidade mortal, e que a seguridade e a estabililidade residen na "cura". Por iso conta os días que lle quedan para ser operada. Pero todo iso cambia radicalmente cando coñece a Álex.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes