Enid Blyton

http://www.enidblyton.es/
Enid  Blyton (1897 - 1968) foi, sen dúbida, a autora de libros infantís e xuvenís máis lida do mundo enteiro.
Dende cativa gustáballe moito ler. Entre os seus libros favoritos están Alicia en el país de las maravillas e Alicia a través del espejo de Lewis Carroll. Lía todos os libros de contos e lendas que caían nas súas mans. Según conta ela mesma na súa autobiografía, leu dúas veces, de cabo a rabo, unha enciclopedia infantil que a animou a ler máis e máis. E tamén gustáballe a poesía.
Abandonou a carreira de medicina para estudar maxisterio movida por unha forte inclinación cara a xuventude. Cando era mestra o que máis lle gustaba era narrar contos.
Casou en 1924 e tivo dúas fillas, Gillian e Imogen, que aínda lembran como a súa nai escribía unha historia detrás doutra coa máquina de escribir sobre os xeonllos.  
A súa vocación de escritora empezou moi cedo, e aínda que nunca deixou de escribir,  tiveron que pasar moitos anos antes de que puidera publicar o seu primeiro libro.
Escribiu unhas setecentas obras cheas de aventuras e suspense entre os anos 1915 e 1968. So nos dez últimos vendéronse no mundo máis de cen millóns de exemplares das súas obras. As súas series de novelas máis coñecidas son Los Cinco, El club de los siete secretos e Torres de Mallory.
Se vos gustan as aventuras, os misterios, os segredos, o suspense... non podedes deixar de visitar esta páxina web sobre esta escritora: www.enidblyton.es ou pincha na súa imaxe para acceder a este interesantísimo enlace. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes