Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

The fantastic flying books

Imagen
Un amigo é aquel que te acompaña nos momentos de soedade; o que te conforta cando te sintes triste; o que se alegra contigo cando sintes felicidade; o que te axuda nos momentos de necesidade; o que se divirte contigo; o que te da esperanza cando todo parece ir mal; o que comparte contigo as cousas boas, as malas, a súa vida. Un libro é un gran amigo. ¡Feliz Día do Libro! IES Santa Irene 2015

Aviso sobre a celebración do Día do Libro

Imagen
Por un erro de cálculo, o alumnado de 3º e 4º ESO non puido acudir ao Paraninfo para celebrar o Día do Libro deste ano. Non vos quedaredes sen a vosa festa, que se postergará para as horas 7ª e 8ª deste luns 27 de abril.  Así que, proximamente, colgaremos na Cova as imaxes coas diferentes actuacións deste ano para conmemorar este día tan especial.

Cefalópodos xigantes e máis bichos

Imagen
Este xoves 23 de abril visitounos Jesús Souza Troncoso, profesor da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo e Director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) da Universidade de Vigo. É Doutor en Zooloxía e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Estivo ao frente da Facultade de Ciencias do Mar durante seis anos, compaxinando as tarefas de dirección con varios proxectos de investigación sobre a diversidade biolóxica e novas especies do mundo.  Este profesor, brasileiro de nacemento, falou aos rapaces de 4º ESO sobre diferentes clases de cefalópodos, especialmente dos cefalópodos xigantes, e doutros seres mariños, raros, case extraterrestres. O certo é que a súa conferencia sobre zooloxía mariña deixou aos alumnos abraiados. Moitos de vós afirmastes que foi moi unha conferencia moi interesante e amena, e destacastes a gran capacidade comunicativa do biólogo. Así que os vosos compañeiros de 4º ESo quedaron encantados e moi agradecidos pol

Suxerencia de... Camila de Souza

Imagen
Camila de Souza, 4º ESO C A vosa compañeira Camila de Souza, de 4º ESO C, convídanos a ler Amor Redentor de Francine Rivers (1991), unha novela romántica ambientada no oeste dos Estados Unidos durante o XIX. A súa protagonista, Ángela, é unha xove muller que non espera dos homes nada máis que traizón. Vendida á prostitución sendo unha nena, Ángela sobrevive mantendo vivo o seu odio. Ata que un día chega Miguel a súa vida, quen cambiará todas as súas amargas expectativas e fará que vexa outra forma de vida.

O libro favorito de... Aldara Cogolludo Prieto

Imagen
Aldara Cogolludo, 1º ESO A O meu libro favorito chámase Penélope Green. La canción de los niños perdidos, de Béatrice Bottet. Trata dunha chica chamada Penélope que é filla dun famoso xornalista da Inglaterra victoriana. Alec, o seu pai, antes de morrer, tira ao lume diante de Penélope unha investigación chamada "21 foxglobe court" e prohíbelle á súa filla que retome o caso. Sen embargo, tras a morte de Alec, Penélope desobedece ao seu pai e continúa as investigacións. Esta novela gustoume moito. É de suspense, e ás veces tamén da algo de medo; é divertida e intrigante. Mantén o interese ata o final. Recomendo a súa lectura a todos aqueles aos que lles gusten libros de misterio.

A recomendación de Laura Álvarez é... Sinsajo

Imagen
Laura Álvarez, 1º ESO A   Sinsajo é o último libro da famosísima triloxía "Los juegos del hambre" de Suzanne Collins. No último libro continúan as aventuras de Katnis Everdeen cando logra saír do"Vasalaxe dos vintecinco", a septuaxésima quinta edición dos Xogos da Fame. Ela empeza cun percorrido polo Distrito 12, o seu antigo fogar, agora destruido polo bombardeo que o Capitolio ordenou como vinganza por escapar da area nos últimos xogos.  Doutra banda Peeta Mellark foi capturado polo Capitolio... e as consecuencias deste rapto serán desastrosas, tanto para Peeta como para Katnis. E ata aquí podo ler sen descubrirvos toda a trama e o final da historia.  Recomendo este libro porque con el aprendín valores importantes: non hai que pensar só nun mesmo, hai que pensar nos demais. Katnis Everdeen tiña tantos problemas que non podería preocuparse por ninguén,  e, polo contrario, preocúpase, e moito, de recuperar e coidar a súa familia e aos seus amigo

Día do Libro: Exposicións

Imagen
Se vos achegades á Biblioteca poderedes atopar varias exposicións: - Rosas do vento: é un símbolo en forma de círculo que ten marcados ao redor os rumbos en que se divide a circunferencia do horizonte. A súa invención atribúese a Raimundo Lulio, aínda que a descrición pormenorizada que da Plinio o Vello no libro II podería ser a súa referencia básica.  Nas cartas de navegación represéntase por trinta e dous rombos (deformados) unidos por un extremo mentres o outro sinala o rumbo sobre o círculo do horizonte. Sobre o mesmo sitúase a flor de lis coa que soen representar o norte. Tamén pode ser un diagrama que reflexa a intensidade media do vento en diferentes sectores nos que se divide o círculo do horizonte. - Exposición de obras de Verne : tras traballar todo este ano no Audiolibro de Vinte mil leguas de viaxe submariña, non podiamos menos que adicar este Día do Libro ao celebérrimo Jules Verne. Nesta pequena exposición atoparedes algunhas das obras máis famosas deste auto