Cefalópodos xigantes e máis bichos
Este xoves 23 de abril visitounos Jesús Souza Troncoso, profesor da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo e Director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) da Universidade de Vigo. É Doutor en Zooloxía e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Estivo ao frente da Facultade de Ciencias do Mar durante seis anos, compaxinando as tarefas de dirección con varios proxectos de investigación sobre a diversidade biolóxica e novas especies do mundo.
Este profesor, brasileiro de nacemento, falou aos rapaces de 4º ESO sobre diferentes clases de cefalópodos, especialmente dos cefalópodos xigantes, e doutros seres mariños, raros, case extraterrestres. O certo é que a súa conferencia sobre zooloxía mariña deixou aos alumnos abraiados. Moitos de vós afirmastes que foi moi unha conferencia moi interesante e amena, e destacastes a gran capacidade comunicativa do biólogo. Así que os vosos compañeiros de 4º ESo quedaron encantados e moi agradecidos pola súa visita.
Comentarios
Publicar un comentario