Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Outra lectura interesantísima: Dragal de Elena Gallego Abad

Imagen
Se queredes mergullarvos no mundo da fantasía, este é a vosa saga: Dragal. Ademais, proximamente sairá publicada a última novela da saga e tamén poderedes ver o film baseado no primeiro dos libros nos cines. E, coma sempre, recomendámovos que lexades o libro antes de ver o film, porque a literatura, as máis das veces, supera o cine. Se pinchades na imaxe da autora poderedes acceder a súa páxina web onde ofrece información sobre a súa saga, e se clicades na portada do libro accederedes a unha páxina web adicada exclusivamente a esta colección. Elena Gallego Abad

Máis propostas: A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre

Imagen
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? A obra está inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras d

Atención lectores!!

Imagen
Xa saiu publicada a terceira e última entrega da saga Mentes Poderosas de Alexandra Bracken. Os libros que compoñen esta triloxía ( Mentes Poderosas , Nunca Olvidan e Una luz incierta ) están a ter tal éxito que xa están a preparar a rodaxe da película do primeiro dos libros. Así que se non os liches, faino antes de ver os films, porque paga a pena. Mentes poderosas ten como protagonista a Ruby, a narradora - personaxe que conta a historia en primeira persoa das súas aventuras nun mundo sumido nunha crise económica terrorífica derivada da ENIAA, unha pandemia que afectou a todo o globo, e particularmente aos rapaces de entre dez e dezaoito anos. Esta enfermidade esnaquizou a vida da maioría dos nenos do mundo e creou un estado de pánico colectivo, ata o punto de que levou por diante a economía mundial.  Sen embargo, non todos os mozos morreron. Houbo supervivintes. Pero estes desenrolaron unhas capacidades mentais extraordinarias. Os "Vermellos" poden crear e

A banda sonora de "Vinte mil leguas de viaxe submariña"

Imagen
Esta é unha serie de cancións que se poderían usar como banda sonora das Vinte mil leguas de viaxe submariña de Xules Verne, xa que todas elas están vinculadas co mar. Deixámosvos as letras (e as traducións). Naturaleza Muerta.  Mecano (J. M. Cano) No ha salido el sol y Ana y Miguel ya prenden llama. Ella sobre él hombre y mujer deshacen la cama. Y el mar que está loco por Ana prefiere no mirar, los celos no perdonan ni al agua, ni a las algas, ni a la sal. Al amanecer ya está Miguel sobre su barca. Dame un beso, amor, y espera quieta junto a la playa. Y el mar murmura en su lenguaje: "¡Maldito pescador!, despídete de ella, no quiero compartir su corazón". Y llorar, y llorar, y llorar por él. Y esperar, y esperar, y esperar de pie, en la orilla a que vuelva Miguel. Dicen en la aldea que aquella roca blanca es Ana. Cubierta de sal y de coral espera en la playa. No esperes más, niña de pie