Excursión a Oporto

Librería Lello
Todo o alumnado de 4º ESO participou nunha saída cultural á cidade de Oporto, onde visitamos algúns dos seus lugares emblemáticos: o mercado do Bolhao, a catedral, a igrexa e Torre dos Clérigos, a estación de San Bento e a famosa librería Lello, o establecemento que inspirou algunhas das estancias do castelo de Howarts das películas de Harry Potter.
Foi unha excursión onde recorremos a pé o casco antiguo da cidade. E, para rematar a excursión, paramos a ver o estadio de fútbol de Oporto.

En xeral, aos vosos compañeiros encantoulles Oporto, e pasárono moi ben, como se pode ver nas imaxes que tedes a continuación.
Xardíns do Palacio de Cristal, onde paramos a comer.
Por último, agradecer a cooperación de Antía Alonso, Adrián Rodríguez e María González, os únicos que se lembraron de traer as súas fotos para poder subilas ao blog.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes