Lola Gándara no IES Santa Irene
Lola Gándara |
Recentemente, o 15 de xuño, veu ao instituto Lola Gándara para falar aos alumnos e alumnas de 1º ESO sobre un dos seus libros máis exitosos: Guárdate de los idus, unha novela ambientada na antigua Roma, particularmente, na era na que Xulio César foi asasinado. É un libro moi entretido no que a autora da cabida a todo: ao amor, á aventura, á historia, ás anécdotas curiosas sobre a cultura do Imperio Romano (a honra do suicidio, os repudios, a forma de vida dunha vestal...). Se aínda non o coñeces, anímate a facelo, posto que é un dos imprescindibles dentro da literatura xuvenil.
A conferencia da autora foi moi amena, encantoulle ao alumnado, e Lola Gándara, ademais, tivo a deferencia de firmar os libros que lle entregaron os alumnos. Foi unha visita estupenda e queremos agradecerlle á autora a súa visita ao centro e a súa boa disposición.
Comentarios
Publicar un comentario