Unha festa de sí cumpreanos

Ao longo desta última semana de clase os rapaces de 1º da ESO celebrarán o 150 aniversario da publicación de Alicia no país das marabillas. Homenaxearemos ao seu autor, Lewis Carroll, e na exposición que se está a realizar poderedes saber algúns datos curiosos sobre este novelista e sobre como surxiu a historia de Alicia.
Será o vernes 19 de xuño cando os alumnos de 1º ESO
festexen este evento: empezarán coa lectura de dous capítulos do libro, seguirán coa celebración dunha estrambótica festa de non cumpreanos, e por último verán a última adaptación ao cine, que viño da man do director Tim Burton, deste célebre libro.
Na publicación que se mostra a continuación poderedes ler con máis atención o traballo de investigación feito polos alumnos de 1º ESO A e que se exporá próximamente no instituto, e dous dos capítulos do libro (Unha merenda de tolos e ¿Quién robó las tartas?) ao final da revista.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes