Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

Bases do III Concurso de relatos de terror Gustavo Adolfo Bécquer

Imagen
Achégase o Samaín e convocámosvos de novo para participar no concurso de relatos de terror. Este ano conmemoraremos varios eventos importantes dende a Biblioteca, fundamentalemente, o  aniversario do noso Instituto e o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare. Así que prestade atención as bases deste certame porque hai cambios respecto aos cursos anteriores. 1.       Están convocados a participar neste concurso, de carácter voluntario, todos os alumnos do IES Santa Irene (tanto de ESO como de Bacharelato). 2.        Os alumnos participarán en tres categorías: a.         Modalidade I: 1º e 2º Bacharelato. b.        Modalidade II: 3º e 4º ESO c.         Modalidade III: 1º e 2º ESO 3.        Os alumnos interesados en participar   deben escribir un relato que presente as seguintes características, do contrario quedará inmediatamente desclasificado: a.         Debe ser un relato orixinal de terror ou de misterio que estea ambientado ou inspi

Xa na Biblioteca!!

Imagen
Xa chegaron á Biblioteca do centro os libros de César Mallorquí, un dos mellores e máis exitosos escritores de literatura xuvenil. Este éxito débese ao estilo deste escritor, que se  caracteriza pola súa axilidade narrativa: crea universos novelescos moi variados, e sexa cal sexa a temática tratada, é quen de manter a atención e a intriga do lector ata o final. Agora, ademais de La mansión Dax e La catedral , poderedes pedir na Biblioteca estes outros libros do autor. Fai click en cada unha destas portadas para coñecer o argumento da novela:

Benito Pérez Galdós

Imagen
Benito Pérez Galdós Considérase a Galdós un dos mellores representantes da novela realista do século XIX en España e un narrador capital na historia da literatura española, ata o punto de ser recoñecido por moitos como o mellor novelista español despois de Cervantes. Galdós transformou o panorama novelesco español da época, afastándose do Romanticismo e aportando á narrativa unha gran expresividade. Según Max Aub "dende Lope ningún escritor foi tan popular, ninguén tan universal dende Cervantes".  Pérez Galdós foi dende 1897 académico da Real Academia Española e chegou a estar nominado ao Premio Nobel en 1912.  Anímate a ler algunhas das novelas máis significativas deste autor, especialmente Fortunata y Jacinta , a que se considera a súa obra maestra.

Lope de Vega

Imagen
Foi un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro e un dos máis prolíficos autores da literatura universal. O Fénix dos inxenios, o Monstruo da natureza (tal e como o chamou Miguel de Cervantes) renovou a fórmula do teatro español nun momento no que este xénero comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Xunto a Tirso de Molina e Calderón de la Barca, é un dos máximos representantes do teatro barroco español. As súas obras seguen a representarse na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e nas artes hispánicas. Asemade, tamén foi un dos grandes líricos e autor de varias novelas e obras narrativas largas en prosa e verso. Dende este blog vos animamos a descargar e ler catro das súas obras teatrais máis exitosas:

Victor Hugo

Imagen
Victor Hugo O escritor galo Victor Hugo ocupa un lugar honorífico na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos. A súa vasta obra abrangue a poesía lírica ( Odas e baladas , As follas de outono ), a poesía épica ( A lenda dos séculos ), o teatro ( Hernani )... pero debe a súa sona, fundamentalmente, pola novela Os miserables , obra que foi levada ao cine, ao teatro, e que incluso foi convertida nun musical de notable éxito. Descarga e le Os miserables , pois é unha obra que non che pasará desapercibida.