Bases do III Concurso de relatos de terror Gustavo Adolfo Bécquer
Achégase o Samaín e convocámosvos de novo para participar no concurso de relatos de terror. Este ano conmemoraremos varios eventos importantes dende a Biblioteca, fundamentalemente, o aniversario do noso Instituto e o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare. Así que prestade atención as bases deste certame porque hai cambios respecto aos cursos anteriores.
1. Están
convocados a participar neste concurso, de carácter voluntario, todos os
alumnos do IES Santa Irene (tanto de ESO como de Bacharelato).
2. Os
alumnos participarán en tres categorías:
a.
Modalidade
I: 1º e 2º Bacharelato.
b. Modalidade II: 3º e 4º ESO
c.
Modalidade
III: 1º e 2º ESO
3. Os
alumnos interesados en participar deben
escribir un relato que presente as seguintes características, do contrario quedará inmediatamente desclasificado:
a.
Debe
ser un relato orixinal de terror ou de misterio que estea ambientado ou inspirado no Santa Irene.
b. Debe ter un título.
c. Admitiranse relatos escritos a man e de forma mecanografiada.
d. O relato poderá estar escrito en galego
ou en castelán.
e. A
extensión máxima será de dúas carillas.
f.
Para
garantir a imparcialidade do xurado, gardarase o anonimato do escrito presentado a concurso. Para iso é indispensable que:
- O
relato estea firmado cun pseudónimo, e se introduza nun sobre grande no que se escribirá a modalidade na que se participa (vid. punto 2 destas
bases).
- Nun sobre pequeno, cerrado, introducirase o nome real do alumno. Este sobre
pequeno meterase, a súa vez, dentro do sobre grande, xunto á narración coa que se participa no certame.
g. Quedarán inmediatamente descalificados
aqueles escritos que presenten faltas de ortografía, os que por defectos de
forma (caligrafía, marxes, interlineado…) sexan ilexibles e os
que non respondan aos requisitos anteriormente descritos (non conserven o anonimato, non respondan á temática requerida…).
4. O
sobre coa redacción e o nome real do participante será entregado na
Biblioteca do instituto antes do día 23 de outubro. Non se recollerán aquelas
narracións que se presenten con posterioridade a esta data.
5. Os
relatos gañadores recibirán os seguintes premios: os subcampeóns de cada modalidade
recibirán un bono de consumicións para a cafetería do centro e os vencedores de cada modalidade, un vale de 15
euros para unha librería e un bono de consumicións para a cafetería do instituto.
6. A
entrega de premios terá lugar no segundo recreo do xoves 29 de outubro na Biblioteca do instituto.
|
Comentarios
Publicar un comentario