Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

Virxinia Woolf

Imagen
Virginia Woolf A escritora Virxinia Woolf  naceu en Hyde Park Gate, Kensington (Londres) en 1882. Creceu rodeada dun ambiente literario e cultísimo. O seu pai posuía unha gran biblioteca e cando ela cumpliu os dezaseis anos por fin puido entrar soa naquel recinto consagrado á lectura e adicarse a explorar todo o que desexara, o que supuña un verdadeiro luxo para unha moza da época victoriana e tamén unha situación que lle sería ben proveitosa para a súa futura condición de escritora. Lía un exemplar tras outro, pero ela sentiría durante toda a súa vida que a súa educación fora deficiente por razón do seu sexo (Cambridge daquela era un lugar reservado aos homes e as mulleres, logo, podían estudar grego ou pintura polas mañás, pero as tardes eran para ocupacións "máis axeitadas", como servir o té ou mostrarse amables coas visitas).  Cara 1904, Virxinia xa escribía , facía crítica literaria e daba clases. Nesta época xa destaca pola súa imaxinación desmedida, que se autoa

Luis de Góngora y Argote

Imagen
Luis de Góngora y Argote O poeta cordobés Luis de Góngora é un dos mellores poetas en lingua castelá. Xunto a Quevedo e Lope de Vega formou un "triunvirato poético" inmmellorable na historia da literatura universal. Góngora inaugura o culteranismo ou gongorismo, unha tendencia poética moi escura - e acorde co espírtito barroco - baseada na dificultade sintáctica e na presenza de cultismos, perífrases, hipálaxes e metáforas atrevidas, facendo da poesía todo un reto á hora de interpretala. Con estes enlaces que tedes a continuación podedes descargar dous dos seus poemas largos máis sonados: 

Francisco de Quevedo y Villegas

Imagen
Quevedo (retrato de Velázquez) Para presentar a un dos mellores poetas en lingua castelá recolleremos aquí a descripción que de el fai Arturo Pérez Reverte en El capitán Alatriste :  Era un poeta cojitranco y valentón, putañero, corto de vista, caballero de Santiago, tan rápido de ingenio y lengua como de espada, famoso en la Corte por sus buenos versos y su mala leche. Eso le costaba, por temporadas, andar de destierro en destierro y de prisión en prisión; porque si bien es cierto que el buen rey Felipe IV, nuestro señor, y su valido el conde de Olivares apreciaban como todo Madrid sus certeros versos, lo que no les gustaba tanto era protagonizarlos. Así que de vez en cuando, tras la aparición de algún soneto o quintilla anónimos donde todo el mundo reconocía la mano del poeta, los alguaciles y corchetes del corregidor se dejaban caer por la taberna, o por su domicilio, o por los mentideros que frecuentaba, para invitarlo respetuosamente a

De insultos e sentenzas

Imagen
Ás veces, as sentenzas xudiciais son, canto menos, sorprendentes. Este é o caso da ditada en 2011 polo xuíz Juan del Olmo, quen non viu delito , senon falta, en ameazar á propia esposa cunha "caixa de pino" , e sostindo igualmente que chamala "zorra" non é insulto porque a mesma non sempre proxecta "desprezo ou menosprezo á dignidade da muller" por ter outras acepcións - como a de persoa astuta, segundo recolle a Real Academia Española - e que dita palabra non "menospreza á dignidade da muller" nin é "expresiva dunha posición de dominio ou esixente de submisión". Para máis inri: a avogada da esposa do acusado mostrouse dacordo con este razoamento. Non imos entrar en valoracións. Pensamos que é máis que evidente que a sentenza é unha aberración, unha ultraxe contra o Dereito e a Xustiza. E non se sabe que é peor: se o contido da sentenza do xuíz ou a aceptación da mesma da avogada. Pois ben, hai quen prefire combater as violación