Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2015

Exposición do Día dos Dereitos Humanos

Imagen
Como ben sabedes, este ano na Biblioteca celebramos o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare e o 70 aniversario da creación deste instituto. Neste Día Internacional dos Dereitos Humanos non podíamos esquecer dous feitos evidentes: o importante papel que desenrolou Policarpo Sanz na reivindicación do Dereito á Educación e á Saúde, e a defensa que Don Quixote fixo do dereito á Liberdade, á Xustiza, ao Traballo... que se manifesta na aventura dos galeotes, no encontro con Juan Haldudo e Andrés, e nos consellos que don Quixote dá a Sancho para gobernar a ínsula. Polo tanto, a exposición que levaron a cabo os rapaces de 1º ESO e do agrupamento de 3º ESO xirou en torno a estas dúas temáticas. Se aínda non vistes a exposición aínda estades a tempo, posto que manterase na Biblioteca e no corredor da entrada á mesma dúas semanas máis despois do Nadal. Aquí vos deixamos un aperitivo, e, como dicíamos noutra entrada, a exposición foi espectacular. Dende o blog queremos felicitar

Saída ao Museo Quiñones de León

Imagen
Nestas semanas conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos a través da figura de Policarpo Sanz, quen, como xa sabedes, ademais de doar a súa fortuna para facer un hospital e o Santa Irene, legou unha serie de cadros ao municipio vigués. Por iso os alumnos de 4º ESO do Santa Irene foron o 18 de decembro a visitar o Museo Quiñones de León, para ver, non só a pinacoteca, senon tamén a Sala de Arqueoloxía e o Pazo. A continuación tedes as fotos desta saída.

Romance de Chindasvinto

Imagen
Nesta entrada podedes ler o Romance de Chindasvinto (e Policarpo) que os alumnos de 1º Bacharelato A representaron os días 17 e 18 de decembro para conmemorar o Dereito Humano á Educación. Non será ata despois das vacacións de Navidade cando colgaremos no blog as fotos e vídeos da actuación, pois faltan materiais gráficos. Así que a agardar toca.  Dramatis personae: - Chindasvinto: Esteban Pérez - Gumersinda: Laura da Costa - Cojoncio: Samuel Cordero - Bancaputo: Blas Abalde - Robustiano: Pedro de la Torre - Juglaresa: Sara González - Autora do texto: Olalla Aldazábal Contaré la triste historia que ha muchos años hubo a veinte pasos de Vigo y otros tantos de Coruxo. En la ciudad olívica, en un caserón oscuro, vivía un joven hidalgo, fornido, apuesto y robusto, con bonitos ojos verdes y bien torneado busto. Chindasvinto era su nombre, pariente de Sisebuto, no había en toda la villa, mozo más fino y agudo.

Ramón María del Valle Inclán

Imagen
Valle - Inclán Valle - Inclán (Vilanova de Arousa,  1869 - Santiago de Compostela, 1936) é un dos escritores máis importantes en lingua castelá: cultivou case todos os xéneros literarios (novela, poesía e teatro) e destacou en todos e cada un deles.  Valle iniciouse na estética modernista e pouco a pouco vai evolucionando cara unha mentalidade máis próxima á da Xeración do 98. Pero como era un escritor bohemio, extravagante e singular onde os haxa, este xiro no seu pensamento manifestouse no seu "esperpento", un xénero creado por el mesmo, froito da fusión do desencanto co expresionismo alemán e a literatura deformadora de Quevedo. Os seus contemporáneos trataron de facer innovacións nos diferentes xéneros literarios, pero soamente Valle tivo éxito nesa renovación en todos os xéneros aos que se adicou.  Aquí vos deixamos unha serie de enlaces de descarga dalgunhas das súas obras máis importantes:

Miguel de Unamuno

Imagen
Miguel de Unamuno Miguel de Unamuno foi un escritor, poeta e filósofo bilbaíno que é considerado un dos principais representantes da Xeración do 98. O catedrático da Universidade de Salamanca estudiou a obra de filósofos coma Bergson, Kierkegaard, Hegel, Marx... para poder dar solución ás paradoxas do seu pensamento. Esta é a base dalgúns dos seus ensaios ( En torno al casticismo ) e a orixe de Vida de don Quijote e Sancho , outro dos seus máis coñecidos ensaios nos que reflexa a aparente contradición entre locura e cordura, realidade e ficción, e na que defende, ao contrario que outros pensadores da súa época, que en vez de europeizar a España hai que "españolizar a Europa".  Na súa obra poética, dramática e narrativa plantéxase o dilema entre o individual e o colectivo, entre o mutable e o inmutable, entre o espírito e o intelecto, tomándose a sí mesmo como referente porque "Hablo de mí porque es el hombre que tengo más cerca". Os seus personaxes son pro