Semana Internacional Dos Dereitos Humanos

Como xa sabedes, o 10 de Decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Este ano a exposición que atoparedes na Biblioteca ten que ver cos Dereitos Humanos que aparecen no Quixote e, por suposto, era obrigado, xa que conmemoramos o 70 aniversario da creación do Santa Irene, facerlle unha homenaxe a Policarpo Sanz. 
No corredor da Biblioteca atoparedes un expositor adicado a este filántropo, cunha breve biografía e resumo da importancia do legado que fixo ao Concello de Vigo. 
Por qué homenaxear a Policarpo Sanz? Porque, coma Cervantes, foi un adiantado no seu tempo neste sentido. Se hai que pensar nalguén que reividincara o Dereito Humano á Educación e á Saúde, ese foi Policarpo Sanz. 
Aquí vos deixamos o traballo exposto na Biblioteca e unha ampliación desta información, na que se describe como era a educación en Galicia e en Vigo a finais do XIX ata 1946.

E estade atentos á Cova, pois a partir da semana que ven publicaremos a abraiante exposición que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO, as fotos da saída que realizarán os alumnos de 4º ESO e... unha sorpresa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes