Entradas

Mostrando entradas de enero, 2016

III Concurso Literario Cyrano de Bergerac

Imagen
Achégase o San Valentín, e como hai uns anos, volvemos convocar o Concurso Literario Cyrano de Bergerac, que, como xa sabedes, premia á mellor carta de amor.  Este ano hai cambios na convocatoria: seguiremos unha tradición que existe dende 1937 e que consiste en enviarlle unha carta de amor (amor correspondido, amor frustrado, de carácter paródico...) á mesma Xulieta, onde está a súa tumba en Verona (Italia). Dende entón, recibe unhas 8000 cartas ao ano, que un grupo de voluntarios contesta. Nós non contestaremos as cartas, pero si premiaremos, como os italianos, o mellor escrito. Así que animádevos a participar. III C oncurso L iterario C yrano de B ergerac BASES 1.        Están convocados a participar neste concurso, de carácter voluntario, todos os alumnos do IES “Santa Irene” de ESO e de Bacharelato. 2.       Os alumnos interesados en participar   deben escribir unha carta que presente as seguintes características, sen as cales o

Sófocles

Imagen
Sófocles naceu en Colona - hoxe parte de Atenas - no 495 a. C. e morreu en Atenas no 406 a.C. Foi no 468 a. C. cando se deu a coñecer como dramaturgo tráxico ao vencer ao mesmo Esquilo no concurso teatral que se celebraba anualmente en Atenas durante as festas dionisíacas, certame que gañaba sempre Esquilo. Así comezou unha carreira literaria sen parangón: Sófocles chegou a escribir máis de 123 traxedias (aínda que só se coservan sete traxedias completas) para os festivais, nos que conseguiu, ou iso se estima, unhas vintecatro victorias, frente ás trece que conseguira Esquilo. Convertiuse nunha figura importante en Atenas, e a súa larga vida coincidiu co momento de maior esplendor da cidade. Sófocles introduce a aparición dun terceiro personaxe en escena, que daba maior xogo ao diálogo, e o feito de dotar de complexidade psicolóxica ao héroe da obra. Nesta entrada podedes descargar cinco das súas obras máis significativas:

Eurípides

Imagen
O poeta tráxico grego Eurípides naceu en Salamina no 480 a.C. e morreu en Pella - cidade grega hoxe desaparecida - no 406 a.C. Tivo como mestres nada máis e nada menos que a Anaxágoras, Pitágoras e Sócrates. As ensinanzas destes filósofos refléxanse na súa obra. As súas traxedias reportáronlle pouca fama e recoñecemento en vida: soamente tivo catro triunfos nos festivais anuais que se celebraban en Atenas, e por iso ao final da súa vida decidiu trasladarse a Macedonia, onde, segundo conta a lenda, foi devorado por uns cans. As obras de Eurípides representan un cambio na concepción da traxedia, acorde ás ideas sofistas. Así, o seu escepticismo frente ás crenzas míticas e relixiosas é manifesto nas súas obras, que rebaixan o ton heroico e espiritual que cultivaran Esquilo e Sófocles, e o substitúe por un tratamento máis próximo ao home e a realidade correntes. O héroe retrátase coas súas fraquezas e debilidades, dominado por oscuros e secretos sentimentos que lle impiden enfront

Edgar Allan Poe

Imagen
Ao señor Poe (Boston, 1809 - Baltimore, 1849) xa o coñecemos nesta Cova, porque xa publicamos algún dos seus contos (coma O corazón delator ). Nesta entrada poderedes acceder a dous enlaces para descargar a súa obra poética completa e as súas Narracións extraordinarias .  A vida de Poe non foi en absoluto idílica: orfo de padre e madre sendo moi cativo, pasa ao coidado de John Allan, con quen tivo unha relación traumática. Paseniñamente, Edgar vai convertíndose nun "rebelde", e xoga perigosamente co alcoholl e as drogas. Esta tendencia ao alcoholismo e a drogadición agrávase cando a súa muller - Virxinia - morre tras unha larga enfermidade. Ambas adiccións son, probablemente, a causa do seu falecemento: foi achado inconsciente nunha rúa de Baltimore e conducido a un hospital, onde faleceu poucos días máis tarde dun posible ataque cerebral. Poe foi poeta e narrador, como xa dixemos. El adicou os maiores esforzos á poesía, que para Poe era a máxima expresión literaria. A