III Concurso Literario Cyrano de Bergerac


Achégase o San Valentín, e como hai uns anos, volvemos convocar o Concurso Literario Cyrano de Bergerac, que, como xa sabedes, premia á mellor carta de amor. 
Este ano hai cambios na convocatoria: seguiremos unha tradición que existe dende 1937 e que consiste en enviarlle unha carta de amor (amor correspondido, amor frustrado, de carácter paródico...) á mesma Xulieta, onde está a súa tumba en Verona (Italia). Dende entón, recibe unhas 8000 cartas ao ano, que un grupo de voluntarios contesta. Nós non contestaremos as cartas, pero si premiaremos, como os italianos, o mellor escrito. Así que animádevos a participar.




III Concurso Literario Cyrano de Bergerac

BASES

1.       Están convocados a participar neste concurso, de carácter voluntario, todos os alumnos do IES “Santa Irene” de ESO e de Bacharelato.
2.      Os alumnos interesados en participar  deben escribir unha carta que presente as seguintes características, sen as cales o concursante quedará  descalificado:
a.     É unha carta de amor dirixida a Xulieta, enviada ao seguinte enderezo: Xulieta Capuleto. Vía Galilei, 3. Verona-37133 (Italia).
b.     Se admitirán textos escritos a man ou de forma mecanografiada.
c.      Poderán estar escritos en galego ou en castelán.
d.     A extensión máxima ha de ser de unha carilla.
e.      Poden estar escritos en verso ou prosa.
f.       Para garantir a maior imparcialidade por parte do xurado, debe gardarse o anonimato do escrito presentado a concurso. Para iso é indispensable que:
-         O relato introducirase nun sobre grande, no que figurará o pseudónimo do concursante, a categoría pola que participa e o enderezo ao que se envía a carta.
-         Un sobre pequeno, pechado, conterá o nome real do alumno. Este sobre pequeno introducirase, a súa vez, dentro do sobre grande, xunto ao texto co que se participa neste certame.
g.     Quedarán inmediatamente descalificados aqueles escritos que presenten faltas de ortografía, os que por defectos de forma (caligrafía, márxenes, interlineado…) fagan ilexible a redacción e os que non respondan aos requisitos anteriormente descritos (non garden o anonimato, non respondan á temática requerida…).
3.     O texto presentado a concurso será depositado no balcón de Xulieta que acharedes na Biblioteca do instituto antes do día 15 de febreiro. Non se recollerán aqueles poemas, cartas ou relatos que se presenten con posterioridade a esta data.
4.     Haberá tres modalidades de participación: MODALIDADE I (Bacharelato), MODALIDADE II (3º e 4º ESO) e MODALIDADE III (1º e 2º ESO). E haberá dous premios por cada modalidade:
4.1.           Primeiro premio: dúas entradas de cine e un menú para dúas persoas nun establecemento do Centro Comercial “Gran Vía” que lle será comunicado o día da resolución do concurso.
4.2.         Segundo premio: dúas entradas de cine.
5.       A entrega de premios terá lugar no segundo recreo do venres 19 de febreiro na Biblioteca do instituto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes