Sófocles

Sófocles naceu en Colona - hoxe parte de Atenas - no 495 a. C. e morreu en Atenas no 406 a.C. Foi no 468 a. C. cando se deu a coñecer como dramaturgo tráxico ao vencer ao mesmo Esquilo no concurso teatral que se celebraba anualmente en Atenas durante as festas dionisíacas, certame que gañaba sempre Esquilo.
Así comezou unha carreira literaria sen parangón: Sófocles chegou a escribir máis de 123 traxedias (aínda que só se coservan sete traxedias completas) para os festivais, nos que conseguiu, ou iso se estima, unhas vintecatro victorias, frente ás trece que conseguira Esquilo. Convertiuse nunha figura importante en Atenas, e a súa larga vida coincidiu co momento de maior esplendor da cidade.
Sófocles introduce a aparición dun terceiro personaxe en escena, que daba maior xogo ao diálogo, e o feito de dotar de complexidade psicolóxica ao héroe da obra.
Nesta entrada podedes descargar cinco das súas obras máis significativas:

http://jbarret.5gbfree.com/juanbarret/LB/OB/Electra.pdf
http://www.edu.mec.gub.uy/biblioteca_digital/libros/s/Sofocles%20-%20Edipo%20Rey.pdf
http://www10.zippyshare.com/v/W0CNJhie/file.html
http://agonzalez.web.wesleyan.edu/span253/texts/sofocles_antigona.pdf

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes