Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Wilkie Collins

Imagen
Wilkie Collins é un escritor londinense a quen se lle atribúe a creación da novela de detectives.  Adicouse a escribir despois de varios fracasos nos negocios en na avogacía. En 1851 comezou unha fructífera colaboración con Charles Dickens, con quen escribiu a novela No thoroughfare (1867). A súa novela de misterio La dama vestida de blanco (1860) e a de detectives La piedra lunar (1868) - que apareceu por primeira vez nas revistas dirixidas por Dickens - están consideradas obras mestras nos seus respectivos xéneros. Aínda que en ambas se concede máis importancia á construcción da trama diseñada para confundir ao lector, os personaxes son importantes. O retrato realista do sarxento Cruff en La piedra lunar constitúe a primeira exposición da narrativa inglesa dun detective no seu traballo. Ademais, Collins escribiu notas de viaxes, o romance histórico Antonina o la caída de Roma, os contos de fantasmas Al caer la noche e as novelas Sin nombre e Armadale. A súa última obra aborda

Unha pequena homenaxe para Harper Lee e Umberto Eco

Imagen
O día 19 de febreiro de 2016 converteuse nunha data que será tristemente lembrada:  Harper Lee e Umberto Eco falecen, en Alabama e Milán, respectivamente.  Harper Lee é a autora da súa inesquecible Matar a un ruiseñor, unha novela coa que fixo un alegato pola igualdade e a xustiza. Ambientada na época da Gran Depresión nun Sur moi racista, narra a defensa que Atticus Finch - un respectado home na súa comunidade e modelo de rectitude - fai dun home afroamericano acusado falsamente da violación dunha muller branca. Esta defensa vaille crear un sinfín de problemas ao protagonista cos seus veciños racistas. Hai outras tramas paralelas coas que plantexa diferentes conflictos que poden xurdir na convivencia da xente dunha comunidade sureña: o enfrentamento entre ricos e pobres, brancos e negros... Como contrapunto a todos eles, álzase a integridade de Finch, que defende o que cre xusto. Esta obra converteuse axiña nun clásico da literatura americana, de feito é unha lectura obrigad

San Valentín chegou ao Santa Irene

Imagen
Ao longo destas últimas semanas o noso instituto cheouse de amor. Temos na Biblioteca a exposición do San Valentín deste ano, adicado a Shakespeare e Cervantes, e incluso conseguimos traer o balcón da mesmísima Xulieta Capuleto. Achégadevos á Biblioteca se queredes asomarvos ao seu balcón. Os membros do Xurado do III Concurso Cyrano de Bergerac queremos felicitar aos gañadores do certame deste ano. Algúns dos vosos traballos foron excelentes. Noraboa!! A continuación podederedes ler as cartas premiadas desta edición e ver as fotos da entrega de premios. Iii Concurso Literario Cyrano De Bergerac Leer más publicaciones en Calaméo

Entroido 2016

Imagen
Este ano a comparsa de profesores versou sobre o cuarto centenario da morte de Shakespeare e Cervantes. Esperamos que vos gustara a nosa actuación e publicamos nesta Cova a Silva Cervantina que a profesora de lingua castelá, Olalla Aldazábal, escribiu para festexar o evento. SILVA CERVANTINA Para todos mis compañeros, que se prestaron amablemente a seguirme la broma. Con mucho cariño,                                                                        Olalla Por ser de William Shakespeare y Cervantes este año aniversario, no habrá ningún corsario, ni peces, ni calamares gigantes. Venimos transformados en algunas figuras, famosas criaturas de sus muchos libros, los más sonados. Y estos versos rimados hechos en la ocasión sirvan de explicación de todos los disfraces deformados. Yo soy Dulcinea, la del Toboso, también Aldonza, labriega de oficio, moza de baja alcurnia, más fea que