Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

Letras e notas

Imagen
A exposición do Día do Libro deste ano, como non podía ser doutro xeito, tiña que estar adicada a Cervantes e a Shakespeare. No corredor da Biblioteca poderedes ver o pentagrama xigante no que figura o primeiro compás da canción Romeo e Xulieta de Nino Rota. Nesta particular melodía atoparedes músicos de todos os tempos (iso sí, posteriores a Shakespeare) que se inspiraron na obra do poeta e dramaturgo inglés para compoñer a súa música. Non vola perdades, porque é espectacular. O interior da Biblioteca está adicado a Miguel de Cervantes: un conxunto de ilustracións de don Quixote feitas polo debuxante francés Gustave Doré e os cromos que pintou o catalán Jaume Pahissa i Laporta a finais do século XIX. Estas últimas aparecen representadas nuns singulares libriños. Asomádevos á Biblioteca para ver esta curiosa exposición, onde tamén se mostran, por certo, dúas "copias" dos códices que se consideran os antecedentes da novela de caballerías española: a obra do trobador Chré

Como é a túa personalidade?

Imagen
A quen te pareces máis? Dulcinea ou Ofelia? Otelo ou Sancho Panza?... Se queres saber cal é o personaxe que mellor define ou exemplifica a túa forma de ser, tes que completar estes cuestionarios. Fai click sobre a imaxe de Cervantes ou Shakespeare e descubre - quizais - o teu Hamlet interior: Miguel de Cervantes Saavedra William Shakespeare

Aviso aos visitantes da Cova!!

Imagen
Pregamos a todos aqueles alumnos que fixeron grabacións ou fotos do festival do Día do Libro que copien eses materiais gráficos nun pen drive e llo entreguen a Olalla Aldazábal o antes posible. Non vos esquezades. A vindeira semana comezaremos a publicar no blog os documentos gráficos deste evento, cando reunamos todos os arquivos.

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes

Imagen
Para aqueles que non puidestes vir á nosa celebración do Día Internacional do Libro, publicamos na Cova a homenaxe que lle fixemos a Miguel de Cervantes. Poderedes ver o corto que proxectamos e ler "La Prisión",  e a adaptación do capítulo "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote". Este último tamén da título á obra na que Santiago Posteguillo fai un percorrido literario por diferentes autores e obras da literatura universal. Santiago Posteguillo Leer más publicaciones en Calaméo E estade atentos, porque ao longo das vindeiras semanas iremos publicando na Cova todos os materiais gráficos das distintas actuacións que se fixeron neste festival.