Letras e notas
A exposición do Día do Libro deste ano, como non podía ser doutro xeito, tiña que estar adicada a Cervantes e a Shakespeare. No corredor da Biblioteca poderedes ver o pentagrama xigante no que figura o primeiro compás da canción Romeo e Xulieta de Nino Rota. Nesta particular melodía atoparedes músicos de todos os tempos (iso sí, posteriores a Shakespeare) que se inspiraron na obra do poeta e dramaturgo inglés para compoñer a súa música. Non vola perdades, porque é espectacular.
O interior da Biblioteca está adicado a Miguel de Cervantes: un conxunto de ilustracións de don Quixote feitas polo debuxante francés Gustave Doré e os cromos que pintou o catalán Jaume Pahissa i Laporta a finais do século XIX. Estas últimas aparecen representadas nuns singulares libriños. Asomádevos á Biblioteca para ver esta curiosa exposición, onde tamén se mostran, por certo, dúas "copias" dos códices que se consideran os antecedentes da novela de caballerías española: a obra do trobador Chrétien de Troyes (que difundiu por Europa a materia artúrica) e o Libro del Caballero Zifar.
Aquí tedes as fotos da exposición deste ano:
Aínda que nós so expuxemos algunhas das ilustracións, hai cadros e pinturas, viñetas e debuxos que diversos artistas recoñecidos fixeron en honor do cabaleiro manchego. A continuación poderedes ver unha pequena mostra:
Comentarios
Publicar un comentario