Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

Cervantes e as Novelas Exemplares

Imagen
Nesta entrada poderedes ver os traballos que os alumnos de 3º ESO fixeron sobre as Novelas Exemplares do escritor alcalaíno. Clickade nos nomes destes traballos para botarlles un ollo, porque vos van gustar. Os alumnos deste curso da ESO non se limitaron a falar sobre as Novelas Exemplares, senon que construiron unha serie de historias inspirándose nos célebres relatos curtos cervantinos. Tede en conta, á hora de visualizar os documentos, que están en formato epub, e, polo tanto, necesitades dalgún programa informático que vos permita ler este tipo de arquivos. Novelas ejemplares y modernas I. Por unas ilustres escritoras de 3º ESO A. Novelas ejemplares y modernas I. Las siete maravillas de 3º B. Novelas ejemplares pero de 3º ESO C.

Momentos memorables: Día do Libro 2016

Imagen
 Nesta entrada atoparades algúns dos momentos máis especiais do festival do Día do Libro deste ano. Tedes vídeos dalgunhas das actuacións e as fotos desta conmemoración. Empezamos coas imaxes do festexo. As cancións que escoitades no fondo están inspiradas en William Shakespeare. A primeira chámase What is a youth , e foi composta por Nino Rota ( A time for us , que é a partitura que está no corredor da Biblioteca), a segunda tamén está inspirada en Romeo e Xulieta. Titúlase Romeo had Juliet e é de Lou Reed. Por último, escoitaredes Bed of Nails, unha canción que Wild Beasts compuxo en honor a Hamlet . Seguimos cos vídeos: das lecturas, do baile de máscaras, da canción de Romeo and Juliet que interpretaron alumnos de ESO e Bacharelato, e, por último, a actuación dos alumnos de 1º de Bacharelato que representaron "El Desdén de Desdémona".