Momentos memorables: Día do Libro 2016
Empezamos coas imaxes do festexo. As cancións que escoitades no fondo están inspiradas en William Shakespeare. A primeira chámase What is a youth, e foi composta por Nino Rota (A time for us, que é a partitura que está no corredor da Biblioteca), a segunda tamén está inspirada en Romeo e Xulieta. Titúlase Romeo had Juliet e é de Lou Reed. Por último, escoitaredes Bed of Nails, unha canción que Wild Beasts compuxo en honor a Hamlet.
Seguimos cos vídeos: das lecturas, do baile de máscaras, da canción de Romeo and Juliet que interpretaron alumnos de ESO e Bacharelato, e, por último, a actuación dos alumnos de 1º de Bacharelato que representaron "El Desdén de Desdémona".
Comentarios
Publicar un comentario