Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

Aviso: Xogo da oca

Imagen
Na seguinte ligazón poderedes ver todas as casillas do xogo: número, tema e nome do alumno ao que lle foi asignada. Tamén se inclúen as instruccións para elaborar a casilla. INSTRUCCIÓNS XOGO DA OCA MOI IMPORTANTE : O prazo para entregar a casilla é o LUNS 20 de XUÑO, ata as 14,30 . Se a esa hora non entregastes todas as pezas, suspenderase a actividade.

Os "Versos y bardos" de Crispín d'Olot

Imagen
O noso xograr favorito regresou no mes de febreiro ao Santa Irene para ofrecermos un novo espectáculo, Versos y bardos , no que fixo un percorrido pola literatura, dende o século XVIII ata a xeración do 36. Os afortunados que viron o espectáculo foron os alumnos de 4º ESO e 2º de Bacharelato. Aquí podedes ver as fotos deste evento. Enorme, coma sempre.  Grazas, Crispín!!

Conversando con Sonia Mirón

Imagen
Sonia Mirón O luns 30 de maio tivemos a sorte de que Sonia Mirón, autora de Si tú quieres , vira ao Santa Irene para falarnos sobre a súa novela. Sonia portouse de marabilla con nós, respondeu a todas as preguntas dos alumnos de 3º ESO que leron o seu libro, firmounos e adicounos todos os exemplares que lle levamos e fíxose un montón de fotos con todos os alumnos. Incluso nos deu a primicia: título, publicación e presentación da súa nova novela, que será ao longo do mes de xuño, e será presentada na Feira do Libro de Vigo. Ademais deu unha charla moi amena. Por todo iso, moitísimas grazas, Sonia. Sonia Mirón comezou a súa conferencia dicindo que, cando era pequena, agardaba con impaciencia a chegada do venres. Pero non por ser o día que podía salir, ou porque chegara o ansiado descanso da fin de semana, senon porque era o único día da semana no que o servizo de préstamo de libros da biblioteca que frecuentaba estaba dispoñible. Vós tedes a sorte de ter unha Biblioteca na que p