Conversando con Sonia Mirón

Sonia Mirón
O luns 30 de maio tivemos a sorte de que Sonia Mirón, autora de Si tú quieres, vira ao Santa Irene para falarnos sobre a súa novela. Sonia portouse de marabilla con nós, respondeu a todas as preguntas dos alumnos de 3º ESO que leron o seu libro, firmounos e adicounos todos os exemplares que lle levamos e fíxose un montón de fotos con todos os alumnos. Incluso nos deu a primicia: título, publicación e presentación da súa nova novela, que será ao longo do mes de xuño, e será presentada na Feira do Libro de Vigo. Ademais deu unha charla moi amena. Por todo iso, moitísimas grazas, Sonia.

Sonia Mirón comezou a súa conferencia dicindo que, cando era pequena, agardaba con impaciencia a chegada do venres. Pero non por ser o día que podía salir, ou porque chegara o ansiado descanso da fin de semana, senon porque era o único día da semana no que o servizo de préstamo de libros da biblioteca que frecuentaba estaba dispoñible. Vós tedes a sorte de ter unha Biblioteca na que podedes coller calquera libro en calquera día da semana escolar. Aproveitádeo e disfrutade da vosa lectura.

A continuación, tedes as fotos e dous vídeos da visita da escritora. Por certo: grazas outra vez a Sonia, por deixarnos publicar imaxes e vídeos da túa conferencia.

Comentarios

  1. Para mí fue un placer compartir una tarde hablando de literatura con todos vosotros. Gracias por vuestra estupenda acogida. ¡Besos! ¡Y hasta la próxima! ;-)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes