Entradas

Mostrando entradas de julio, 2016

Para ler no verán

Imagen
Aínda non sabes que libro ler nas vacacións? No fondo da Cova atopamos algúns títulos que están a ter bastante éxito entre os lectores adolescentes e que non te podes perder: 1. A triloxía Starcrossed  de Josephine Angelini Composta de tres títulos ( Predestinados , Malditos , Diosa ), narra as aventuras dun grupo de adolescentes con dones sobrenaturais que reencarnan a diferentes protagonistas da guerra de Troia. Nesta triloxía fantástica non falta de nada: amor, aventura, traizón, loitas, intrigas... Clicade nas portadas para ver a opinión dos lectores:   2. Las carreras de Escorpio (Maggie Stiefvater) Se che gustan as novelas de xénero fantástico, esta é a túa. Maggie Stiefvater reinterpreta o mito saxón dos cabalos asasinos nesta narración, na que hai dous protagonistas que participarán nas carreiras de Escorpio, celebradas no mes de novembro. Estas non son outra cousa que unha competición equina que se leva a cab