Para ler no verán

Aínda non sabes que libro ler nas vacacións? No fondo da Cova atopamos algúns títulos que están a ter bastante éxito entre os lectores adolescentes e que non te podes perder:

1. A triloxía Starcrossed  de Josephine Angelini
Composta de tres títulos (Predestinados, Malditos, Diosa), narra as aventuras dun grupo de adolescentes con dones sobrenaturais que reencarnan a diferentes protagonistas da guerra de Troia. Nesta triloxía fantástica non falta de nada: amor, aventura, traizón, loitas, intrigas... Clicade nas portadas para ver a opinión dos lectores:

http://entrealgunaspalabras.blogspot.com.es/2012/09/resena-predestinados-de-josephine.html
http://entrealgunaspalabras.blogspot.com.es/2012/10/resena-malditos-de-josephine-angelini.html
http://leyendoentreletras.blogspot.com.es/2014/06/diosa-josephine-angelini-resena-110.html
 

2. Las carreras de Escorpio (Maggie Stiefvater)
http://arsenicodivagando.blogspot.com.es/2013/08/resena-las-carreras-de-escorpio-de.html
Se che gustan as novelas de xénero fantástico, esta é a túa. Maggie Stiefvater reinterpreta o mito saxón dos cabalos asasinos nesta narración, na que hai dous protagonistas que participarán nas carreiras de Escorpio, celebradas no mes de novembro. Estas non son outra cousa que unha competición equina que se leva a cabo na praia. A particularidade é que é unha carreira moi perigosa, posto que os cabalos que han de montar son "capall uisce", bestas mariñas, salvaxes e carnívoras, que devoran calquera animal (tamén persoas) por saír do mar famélicos. Se queredes máis información pinchade na portada do libro.

3. The Raven Boys (Maggie Stiefvater)

Estes libros están dentro da novela de aventuras, fantástica e da ciencia ficción. A autora conxuga estes tres xéneros para contar unha historia onde intervén a maxia - a través da protagonista e a súa estrambótica familia  e das "liñas -lei". Se queredes saber máis, facede "click" nas portadas dos libros. A valoración doutros lectores é moi boa.


http://www.eternamenteentiniebla.com/2016/01/resena-la-profecia-del-cuervo-raven.html

http://loslibrossonvida.blogspot.com.es/2014/08/resena-los-saqueadores-de-suenos-maggie.html


http://ciudad-de-libros.blogspot.com.es/2015/10/resena-el-tercer-durmiente-de-maggie.html

4. A triloxía da Quinta ola de Rick Yancey
Trátase dun best - seller da literatura de ciencia ficción no ámbito xuvenil, de feito a película da primeira das novelas xa está rodada dende hai meses. É unha distopía na que a invasión alieníxena está a provocar unha apocalipse do xénero humano. Ten aventura, romance, intriga... Vaivos gustar.
O último dos libros - The last star - publicouse no mes de maio deste ano 2016 así que en breve xa estará nas librerías de España. Se aínda non comenzaches a ler esta triloxía este é o momento. As portadas conducen a reseñas e opinións de lectores sobre estes libros, por se aínda non estades convencidos.

http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/critica/quinta-ola-primera-parte-saga/762/
http://ciudad-de-libros.blogspot.com.es/2014/12/resena-el-mar-infinito-de-rick-yancey.html
 
5. A triloxía Across the universe de Beth Revis

Que pasaría se o xénero humán está a punto de extinguirse? Estes tres libros son a resposta que Beth Revis imaxina para esta difícil pregunta. Outra distopía de ciencia ficción que transcorre dentro dunha nave espacial, onde os poucos supervivintes da Terra están a buscar un novo planeta onde asentarse. Aínda que o argumento recorda un pouco a Los cien, en realidade son libros moi distintos. Se esperades ler algo parecido, vaivos sorprender gratamente. Coma sempre, máis información no interior das portadas.
http://loslibrossonvida.blogspot.com.es/2014/02/resena-dos-soles-beth-revis.html
http://noventaydoslibros.blogspot.com.es/2014/09/resena-despierta-beth-revis-trilogia.html
http://loslibrossonvida.blogspot.com.es/2014/01/resena-tan-cerca-beth-revis.html

6. Sonidos del corazón de Jordi Sierra i Fabra
http://rinconrevuelto.blogspot.com.es/2015/03/sonidos-del-corazon-jordi-sierra-i-fabra.htmlAínda que o título do libro promete unha historia de amor empalagosa o certo é que non é así. Hai amor entre os protagonistas adolescentes -  un rockeiro e unha violinista clásica que se pasa ao rock - pero o importante do libro é a relación que os dous xóvenes manteñen cun ancián chamado Lester. Lester cóntalles a historia do rock e como este estilo musical influi nas sucesivas liñas musicais que se dan ata a actualidade, incluido o que nós chamamos bakalao.
É un libro feito para os amantes do rock, para darlles a coñecer algúns cantantes e grupos que hoxe prácticamente son descoñecidos para o público máis xove.
Nesta historia que narra Lester esqueceu mencionar a algúns grupos e cantantes que son moi relevantes na renovación musical que se deu nos sesenta - como Ray Charles - e outros aos que tampouco cita e son un referente para outras bandas posteriores (Scorpions, por exemplo) e aos contemporáneos nacionais e internacionais. De xeito que Lester, en vez de contar unha historia do rock e a súa evolución, máis ben comenta a evolución da música dende os anos trinta ata a actualidade. En calquera caso, dende o punto de vista musical é un libro interesante.
Xa non é tan interesante o personaxe de Amalia, a batería do grupo no que toca Juanjo (o protagonista). Parece ser que na literatura xuvenil máis actual as mozas tenden a ser hormonas con pernas que se lanzan enriba do rapaz que lles gusta, facéndoas quedar como vulgares, egoístas e excesivamente desinhibidas. Afortunadamente, son personaxes de ficción, e na ficción queda, porque as rapazas, polo xeral, non soen actuar de forma tan "aberta", irracional e soez, por máis que algúns escritores se empeñen en mostrar a adolescentes que son incapaces de controlarse.
Pese a isto, o libro non está mal e como historia da música actual é interesante. Se pinchades na portada do libro veredes outra valoración do libro.

7. Triloxía Martín, Ojo de Plata de Matilde Asensi
Son tres libros que encantarán aos amantes da novela de aventuras. Co século XVII como fondo histórico, estes relatos contan as aventuras do pirata Martín, Ojo de Plata. É entretido, e unha vez que comecedes a ler non poderedes parar ata chegar ao final.

http://www.quelibroleo.com/tierra-firme-la-vida-extraordinaria-de-martin-ojo-de-plata-1
http://www.quelibroleo.com/venganza-en-sevilla-la-vida-extraordinaria-de-martin-ojo-de-plata-2
http://www.quelibroleo.com/la-conjura-de-cortes-la-vida-extraordinaria-de-martin-ojo-de-plata-3

Felices vacacións e feliz lectura!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes