The last days



Nos dous últimos días de clase os alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato fixeron unha homenaxe a Charlotte Brönte, da que se cumpre o bicentenario do seu nacemento e é a autora da célebre novela Jane Eyre (por certo, unha obra que vos podedes descargar dende este mesmo blog). Os alumnos viron unha versión cinematógrafica do relato e despois fixeron unha cata de tés, como bos ingleses. Salvo un deles - o Earl Grey, importado directamente de Inglaterra - os demais tipos de tés foron mercados en Comercio Xusto para colaborar coa ONX Intermon Oxfam. Así que ademais dunha actividade formativa, foi tamén solidaria. 
Quizais o mellor desta actividade foron os pasteis, galletas, bizcochos e tartas que fixeron estes alumnos para acompañar o té. Os profesores que tivemos a sorte de probalos damos fe de que estaban boísimos.
Para facer esta actividade tivemos que contar coa colaboración dos encargados da cafetería do centro, a quenes lles queremos agradecer profundamente a súa cooperación e implicación na actividade, xa que ademais de encargarse dos tés... fixeron un concurso no que os participantes tiñan que adiviñar que té estaban a degustar. En definitiva, grazas por todo.


Por outra banda, estes grupos de alumnos - coa axuda dos colaboradores de Biblioteca - fixeron un xogo da Oca cervantino, ao que xogamos o último día de clase. Non era un Xogo da Oca tradicional, senon que os participantes, organizados por equipos, debían atopar os resumos das aventuras do Quixote que figuraban neste tableiro - inspirado na primeira parte da famosa novela de Cervantes. Así que as regras do xogo eran un tanto especiais, como se pode ver nas instruccións que se expuxeron diante da saída. 
Según os alumnos aos que se lles preguntou, en xeral foron dúas actividades que lles gustaron e nas que a pasaron moi ben.
A continuación tedes as imaxes:


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes