Benvidos de novo
Hola
a todos e todas!
O
pasado 22 de setembro tivo lugar a inauguración oficial do curso da
man do recoñecido escritor e antigo profesor do “Santa Irene” X.
L. Méndez Ferrín. Coa súa palabra sempre entretida e interesante,
o alumnado de primeiro de Bacharelato fixo un percorrido pola
historia do noso instituto, o máis antigo da cidade.
Dende
o grupo de biblioteca, queremos agradecerlle a súa presenza e as
súas ensinanzas, que aproveitaremos este ano para traballar nunha
sección fixa que demos en chamar “Vigo: cidade de...” e que xa
iredes coñecendo.
Como
novidade, este ano formarase o primeiro clube de lectura do centro,
dirixido pola profesora de “Lingua Castelá” Beatriz Dieste.
Animámosvos a asistir mañá (martes 27) á reunión informativa que
terá lugar no segundo recreo.
Agardan
moitas máis sorpresas, pero preferimos que sexades vós mesmos os
que as descubrades paseniño...
Alguén
sabe xa que poden significar as fotos e cadros que pegamos a semana
pasada nos taboleiros????? Ide pensando!!!! Pode que vos leven a
algures...
De
momento, isto é todo. Dámosvos a benvida a un novo ciclo no que
seredes os protagonistas, polo que esperamos contar coa vosa
colaboración.
Apertas,
O
equipo de biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario