Á volta do Samaín
Ola a todos e todas!
Xa de volta desta ponte e coas pilas cargadas para o que queda de trimestre!!!!!!
Un ano máis, o pasado venres celebrouse no instituto o Samaín. Moitos rapaces e rapazas axudaron a crear un ambiente terrorífico coa presentación das súas cabazas, caveiras e relatos de misterio e terror.
A todos, moitísimas grazas por colaborar connosco e por participar con ledicia das actividades organizadas dende a biblioteca!!!
Nos próximos días publicaremos o fallo do concurso de caveiras, namentres... a nosa noraboa as gañadoras dos excelentes relatos que obtiveron o primeiro premio no certame "Gustavo Adolfo Bécquer":
Carmen Carbó Otero (3º ESO C)
Ana Garrandés Moreda (2º ESO B)
Comentarios
Publicar un comentario