Roteiro literario

O club de lectura do IES Santa Irene invítamos a realizar un fermoso roteiro literario ao que podes acceder no seguinte enlace:

https://www.tripline.net/trip/Roteiro_literario_-_Tes_ata_as_10-2443125252141012AD20AE35B0D28410

Tomando como punto de partida un libro -Tes ata as 10, de Francisco Castro- deseñamos un roteiro literario pola nosa cidade. As paradas do roteiro correspóndense con lugares -algúns reais, outros ficiticios- que teñen unha importancia esencial na novela; xa que logo, acompañamos o roteiro de fragmentos da novela de Francisco Castro e de imaxes da nosa cidade. Finalmente, recomendámosche facer o percorrido pola tarde e -como ben reza o título- tes ata as 10 para rematalo.

Un saúdo, da Comunidade dos cabaleiros dos libros circulares.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes