Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

A reconquista

Imagen
  "Vigo, cidade de..." A un paso das vacacións de Semana Santa, a festa da Reconquista será o motivo das actividades de biblioteca nos próximos días. Esperamos que teñan tan boa acollida como as xornadas adicadas á celebración do Día da Muller. Aproveitaremos a festividade local para achegarvos curiosidades da nosa fermosa cidade que tal vez non coñezades. Invitámosvos dende aquí a facernos chegar as vosas aportacións sobre o tema. Lembrade que tedes á vosa disposición un caixon de suxestións na biblio!!!!

Exposición adicada á muller

Comezamos a semana con algunhas imaxes da exposición interdisciplinar adicada á muller, que poderedes seguir visitando durante os próximos días!!!!!

Día da muller

Bo día! Como sabedes, mañá, 8 de febreiro, celébrase o día da muller e coma tódolos anos queremos rendirlles unha homenaxe. Esta semana estará adicada a aquelas escritoras, deportistas, científicas, políticas, pensadoras... que fixeron grandes aportacións á historia da humanidade se ben nunca foron o suficientemente recoñecidas. Podedes achegarvos á súa obra visualizando estes vídeos realizados polos vosos compañeiros de 2º de Bacharelato e ollando os murais expostos no corredor que leva á biblioteca. Seguro que descubrides cousas sorprendentes!!!!! Sabías que dos 1500 cráteres nomeados na lúa soamente 29 están adicados a algunha muller? Sabías que máis dunha escritora tivo que facerse pasar por home para estudar ou publicar a súa obra? Algunha vez te detiveches a analizar os contidos sexistas da prensa deportiva? Estas  e moitas outras curiosidades estarán ao teu alcance nos próximos días. Non o perdas!!!!                                                                  

A muller na historia de España

Imagen
O alumnado de 2º de bacharelato presenta os seus traballos realizados na materia Historia de España relacionado da figura da muller nos séculos XIX e XX. Emilia Pardo Bazán   Dolores Ibárruri, “Pasionaria” Historia do feminismo en España La educación de la mujer en el siglo XX A muller na historia S.XIX-XX María Vinyals Marina Ginestá As Marías