Día da muller

Bo día!
Como sabedes, mañá, 8 de febreiro, celébrase o día da muller e coma tódolos anos queremos rendirlles unha homenaxe.
Esta semana estará adicada a aquelas escritoras, deportistas, científicas, políticas, pensadoras... que fixeron grandes aportacións á historia da humanidade se ben nunca foron o suficientemente recoñecidas.
Podedes achegarvos á súa obra visualizando estes vídeos realizados polos vosos compañeiros de 2º de Bacharelato e ollando os murais expostos no corredor que leva á biblioteca.
Seguro que descubrides cousas sorprendentes!!!!!
Sabías que dos 1500 cráteres nomeados na lúa soamente 29 están adicados a algunha muller?
Sabías que máis dunha escritora tivo que facerse pasar por home para estudar ou publicar a súa obra?
Algunha vez te detiveches a analizar os contidos sexistas da prensa deportiva?
Estas  e moitas outras curiosidades estarán ao teu alcance nos próximos días. Non o perdas!!!!
                                                                              O equipo da biblioteca

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes