Actividades DNL da segunda avaliación



6 ao 9 de Febreiro
Ao longo desta semana estivo no noso centro a Eurodeputada e ex-alumna do noso centro Ana Miranda que aos alumnos de 2º e 3º de ESO a de 2º de Bacharelato lles falou da política lingüística da Eurocámara.




24 de Febreiro

Como xa vén sendo este ano volveuse celebrar o Concurso de Sobremesas en Entroido. Volveu ter un gran éxito tanto de público como de participación. Nesta ocasión presentáronse 15 preparacións. Foi como sempre  reñidísimo. O xurado formado por Héctor, profesor do departamento de Xeografía e Historia; Paula do departamento de Inglés; Xosé en representación da cafetaría e Anxo de 1º  de ESO C e Elisa e Daniela de 1 de ESO B. As gañadoras foron co primeiro premio Marta Comesaña Rodríguez, de 3ºde ESO A cunha torta de crema e biscoito; co segundo Lucía Mallo García, de 3º de ESO B, cun brownie e en terceiro lugar Sonia Rodríguez López, de 1º de ESO C cunha torta de crema, biscooito e amorodos.  


14 de Marzo

Ledicia Costa visitounos neste día e participou co alumnado de 1º e 2º de ESO nun coloquio no que falaron das obras que estaban lendo desta autora: Unha estrela no vento e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. @s alumn@s participaron entusiastas do coloquio sen parar de facerlle preguntas. Á fin do mesmo Ledicia asinou exemplares dos libros.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes