Segue ti

Animádevos!!!!!
Xa comeza o concurso SEGUE TI...

O texto que tendes que continuar é 
"Había una vez una mosca que todas las noches soñaba que era un águila...."
" Había unha vez unha mosca que tódalas noites soñaba que era un águia... "
Só hai que escribir un texto orixinal de ata 200 caracteres,
O 1 de decembro reunirémonos no segundo recreo para sorprendernos cas vosas creacións.


CONCURSO SEGUE TI
O primeiro día de cada mes a partir de novembro colgaremos no blog o comezo dun microrrelato dalgún autor coñecido. Desde ese momento poderedes poñervos a redactar o voso propio relato inédito e orixinal que continúe a historia.
O único requisito é que teña entre 150-200 palabras.
O último venres do mes, reunirase o xurado formado polo equipo de colaboradores e colaboradoras da Biblioteca. O relato gañador do mes publicarase no blog.
En abril, escolleranse os gañadores do ano, que serán premiados con motivo do Día do libro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes