Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Gañadoras do concurso "Cyrano de Bergerac"

Imagen
Os nosos parabéns a Giselle Ferreira, Mónica Ferreiro e Ana Valebona, gañadoras do concurso de cartas e poemas de amor "Cyrano de Bergerac". Debido á calidade dos vosos traballos e á cantidade de exercicios presentados, decidimos conceder dous premios máis dos acordados.  O club de lectura tamén está en plena actividade. Aquí tedes unha foto da súa útima reunión

12.000 Libros baixo dos mares

Imagen
Por fin chegou o día!!!!! A biblioteca ambulante do Nautilus chega ao Santa Irene o 18 de febreiro co motivo do seu 150 aniversario do paso do submarino pola nosa ría para achegarse aos fondos da enseada de Rande, na procura do tesouro da frota de prata de 1702 !!!!!!!!! Para levar a cabo unha homenaxe ao autor universal Julio Verne, que no seu libro “20.000 leguas baixo dos mares” deu coñecer a Ria de Vigo en todo mundo, no instituto témosvos preparadas moitas sorpresas que vos iremos amosando nos próximos días. Velaí vai a primeira: Mariñeiros de Bouzas levaron nas embarcacións tradicionais a un grupo de alumnos e profesores ata o pé das estatuas que están no fondo da ría, a carón da illa de San Simón, onde se leron algunhas pasaxes do capítulo de 20000 leguas baixo dos mares adicado á mesma.

Segue ti

Imagen
Manuel Santana Martínez de 1º ESO C é o gañador do noso terceiro "Segue ti..." A frase inspiradora pertence ao relato de Ana María Shua que podedes ler a continuación: ¡Arriad el foque!, ordena el capitán. ¡Arriad el foque!, repite el segundo. ¡Orzad a estribor!, grita el capitán. ¡Orzad a estribor!, repite el segundo. ¡Cuidado con el bauprés!, grita el capitán. ¡El bauprés!, repite el segundo. ¡Abatid el palo de mesana!, grita el capitán. ¡El palo de mesana!, repite el segundo. Entretanto la tormenta arrecia y los marineros corremos de un lado a otro de la cubierta, desconcertados. Si no encontramos pronto un diccionario, nos vamos a pique sin remedio. O equipo de biblioteca - Relato 3 E aquí tedes tamén o comezo (en castelán e en galego) do cuarto microrrelato... Non queremos dar pistas para que vos inspiredes libremente, pero o texto está escollido co noso desexo de homenaxear á muller, protagonista do vindeiro 8 de marzo... La bella durmiente

Visita de Ana Alcolea

Imagen
A semana pasada Ana Alcolea falou do seu libro Donde aprenden a volar las gaviotas para todo o alumnado de 2º de ESO Sen dúbida un rato moi divertido no que todos puidemos disfrutar das súas interesantes anécdotas. Ao remate asinou os exemplares da novela que tanto gustou aos rapaces. Grazas, Ana! Agardamos impacientes á publicación da túa proxima obra!!